
"É a novela que pecha a miña primeira triloxía de África. Nela tratei de achegar a realidade africana á imaxinación dos lectores, a través dunha viaxe asombrosa que o protagonista se ve obrigado a realizar e que o fará cambiar por dentro. En Likundú intento mostrar un mundo descoñecido que existe aquí, na Terra, aínda que ás veces nos poida parecer tan misterioso e sorprendente como unha visita a outro mundo. "
Heinz Delam