Primeira lectura do Club "3º de ESO de narrativa".
Imani é unha puntuada. Iso significa que todo o que fai e di é rexistrado, procesado e puntuado por Score Corp a través das cámaras que hai situadas por toda a cidade. E ter unha puntuación alta é indispensable: sen ela, ir á universidade e conseguir o traballo que desexas están completamente fóra do teu alcance... a menos que teñas diñeiro.


Algunhas novas sobre a autora
Escritora, guionista e produtora cinematográfica, Lauren McLaughlin dedícase actualmente á literatura xuvenil, onde conseguiu un gran éxito grazas á súa serie "Cycler" e á novela "A puntuación".
Esta novela é unha distopía é que nos fará reflexionar sobre situacións e comportamentos que ás veces nos parecen máis que normais pero ós que deberiamos dedicar algo máis que un pensamento e ante os cales deberiamos alzar a nosa voz máis rebelde.
Na obra critícase a sociedade actual e trata de mostrar solucións ós cidadáns para acadar un nivel socio-económico que, nun principio, só estaría ó alcance das clases sociais máis poderosas. Sen embargo, os medios que propón convirten a esta sociedade en indesexable.
Outras distopías afamadas presentes na nosa biblioteca:
'O señor das moscas', William Golding.


Expón unha alegoría sobre a natureza humana e o seu compoñente social: un grupo de nenos vara nunha illa deserta, e pronto comezan as rifas e as actitudes sinistras.
"A metamorfose " de Frank Kakfka.

"Un mundo feliz " de Aldous Huxley.
"1984" de H. G. Wells.
Rebelión en la granja de George Orwell.
Los juegos del hambre, Suzanne Collins.
Divergente de Verónica Roth.
La metamorfosis', Franz Kafka