


Elaboramos un documento sobre a biografía e as obras máis senlleiras do autor e seleccionamos as seguintes obras para realizar as lecturas:
- Escola de menciñeiros de editorial Galaxia.
- Os outros feirantes de Galaxia
- Xente de aquí e de acolá, tamén de Galaxia-Narrativa.
Publicamos no blog unha entrevista realizada no ano 80 na TVG, onde se fai un percorrido pola súa vida e o tempo histórico no que viviu, e pola súa prolífica obra, caracterizada por un xeito particular de narrar e habitada por un universo de personaxes a medio camiño entre o real e o imaxinario, que o sitúan na contorna do realismo máxico.
A dinámica de traballo foi a selección de varios relatos por cada club de lectura e realizar una posta en común na bibliotecasobre os textos lidos.
Tamén se propuxo o visionado de varios relatos do autor relizados pola TVG. Aquí deixamos o enlace a dous dos que se realizaron a lectura.
...