lunes, 1 de julio de 2013

Es un libro que habla sobre las aventuras que vive Viana de Rocagrís, una joven doncella que presencia la invasión de los bárbaros. Viana pasa por muchas aventuras, un par de romances y descubre el secreto de por qué los bárbaros se han vuelto tan fuertes e invencibles.

Publicado por Beatriz, 2º ESO D



martes, 11 de junio de 2013

EL SILENCIO DEL ASESINO de Concha López Narváez

O descubrimento dun asasinato ao chocar unha escavadora contra unha árbore saltándose o valo do xardín, leva á celebración dun xuízo, onde o
acusado adopta unha estraña actitude ata que decide declarar. Será despois da condición que pon cando veña á luz a verdade do sucedido.

LIKUNDÚ de Heinz Delam

"É a novela que pecha a miña primeira triloxía de África. Nela tratei de achegar a realidade africana á imaxinación dos lectores, a través dunha viaxe asombrosa que o protagonista se ve obrigado a realizar e que o fará cambiar por dentro. En Likundú intento mostrar un mundo descoñecido que existe aquí, na Terra, aínda que ás veces nos poida parecer tan misterioso e sorprendente como unha visita a outro mundo. " Heinz Delam

lunes, 3 de junio de 2013

Roteiro Castelao

A derradeira actividade deste curso para o club de lectura é a elaboración dun roteiro literario sobre Castelao na cidade de Pontevedra.
Pretendemos coñecer a vinculación do polifacético artista rianxeiro con lugares simbólicos da vila, así como adentrarnos na súa obra coa lectura de Cousas. Despois de realizar a lectura, seleccionamos 12 relatos cos que realizamos a derradeira actividade: un paseo por Pontevedra da man de Castelao,  parando neses espazos emblemáticos, explicando aspectos relevantes da súa biografía e facendo lecturas en voz alta e comentando os relatos de Cousas.

Libriño que consta de tres apartados

1º ROTEIRO CASTELAO

 
Roteiro Castelao from titoogando

2º COUSAS


3º SOBRE CASTELAO





Roteiro Literario Castelao from Equipo da Biblioteca on Vimeo.

jueves, 30 de mayo de 2013

NADA de Janne Teller

Pierre Antón deixa o colexio o día que descobre que a vida non ten sentido. Sóbese a unha ameixeira e declama a berros as razóns polas que nada importa na vida. Tanto desmoraliza aos seus compañeiros que deciden amorear obxectos esenciais para eles co fin de demostrarlle que hai cousas que dan sentido a quen somos. 

Na súa procura arriscarán parte de si mesmos e descubrirán que só ao perder algo se aprecia o seu valor. Pero logo, pode ser demasiado tarde.











LA CIUDAD DE LAS BESTIAS de Isabel Allende


Alexander Cold é un raparigo americano de quince anos que parte ao Amazonas coa súa avoa Kate, xornalista especializada en viaxes. A expedición intérnase na selva na busca dunha estraña besta xigantesca. Xunto coa súa compañeira de viaxe, Nadia Santos, e un centenario feiticeiro indíxena, Alex coñecerá un mundo sorprendente e xuntos vivirán unha gran aventura.

O universo xa coñecido de Isabel Allende amplíase en La Ciudad de las Bestias con novos elementos de realismo máxico, aventura e natureza. Os novos protagonistas, Nadia e Alexander, intérnanse na inexplorada selva amazónica levando da man ao lector nunha viaxe sen pausa por un territorio misterioso onde se borran os límites entre a realidade e o soño, onde homes e deuses confúndense, onde os espíritos andan da man cos vivos.

ESKORIA de Alfredo Gómez Cerdá

É un libro valente e comprometido que fala dun tema moi presente: o acoso escolar ou bullyng. La novela está narrada desde o pensamento de Diego, un dos protagonistas, e é estremecedora. Amosa cómo, de manera impune, pódese destrozar a vida dun rapaz ou marcarlo para sempre. Como lectores ides asistir impotentes a un acoso que, por desgracia, vai pasar desapercibido para todos, pais, educadores e demáis compañeiros.