lunes, 10 de marzo de 2014

MANGA/CÓMIC


A segunda selección foi a incursión na novela gráfica. A presenza  dalgúns títulos na Biblioteca (Mauss,  Diario de Ana Frank,De profundis ...) fíxonos decidir por este formato e ao mesmo tempo facer sesións conxuntas entre membros do grupo de 1º, 2º e 3º de ESO . Repartimos os títulos e realizouse unha sesión onde se comentaron as características de cada un: tema, texto, imaxes.

              
                  
                     












Tras esta sesión, dúas compoñentes de 2º aconsellaron a lectura de manga e a idea gustou entre o grupo. Resultaron ser unhas grandes coñecedoras deste tipo de cómic e trouxeron da súa colección particular algúns títulos. Tras esta primeira achega, elaboraron unha chea de títulos cunha gran variedade temática: xogos de supervivencia ( Mirai Nikki), amizade e superación persoal (Naruto, One Piece), obxectos máxicos ou poderes especiais (Madoka Mágica), etc. 


                                                  






miércoles, 15 de enero de 2014

ESTUPOR Y TEMBLORES de Amèlie Nothomb

  Primeiro libro escollido polo grupo de Bacharelato. Esta novela de inspiración autobiográfica, que obtivo un enorme éxito en Francia, conta a historia dunha moza belga que empeza a traballar en Tokio nunha gran compañía xaponesa. 


Pero no Xapón actual, fortemente jerarquizado, a moza ten o lastre dun dobre hándicap: é occidental e muller, o cal a converterá en branco dunha fervenza de humillacións e dunha progresiva degradación laboral que a levará a pasar da contabilidade a servir cafés, ocuparse da fotocopiadora e finalmente encargarse da limpeza dos lavabos masculinos.



Previsualizouse un vídeo  sobre a vida da protagonista para fomentar a participación na primerira sesión.

Enlace ó vídeo


martes, 14 de enero de 2014

REBELDES de Susan E. Hinton

Primeira lectura deste grupo e que foi escollido pola temática e despois de visionar as primeiras imaxes do film de Francis Ford Coppola. Chamounos a todos a atención a actualidade dun libro como Rebeldes. A pesar de ser escrito en 1966, as circunstancias e os conflitos que nel se describen conectan moi ben cos adolescentes da actualidade.


A iso únese a sorprendente revelación que supón para os alumnos o saber que a súa autora, Susan E. Hinton,  escribiu o libro con tan só 16 anos.







A súa linguaxe sinxela e clara, o seu realismo na descrición dos caracteres e das situacións fixeron unha agradable lectura que acabou por atrapar ós membros do Club.


lunes, 13 de enero de 2014

EL SILENCIO DEL ASESINO

Primeira lectura para este grupo que se iniciaba na súa maioría no Club. Elexíuse esta novela porque mestura intriga, suspense e certas doses de novela negra.

Na primeira sesión falamos da autora Concha López Narváez, entramos no seu blog e o alumnado comprobou a súa dilatada bibliografía.

A obra gustou moito, sobre todo pola intensidade argumental que paseniñamente ía en crescrendo e que desembocou nun desenlace tan inesperado como sorprendente.


Ao finalizar a lectura visualizamos un vídeo que recrea a trama do libro, pero cambiando o xuizo (no que se vai coñecendo os detalles)  por un traballo conxunto de dous policías.



viernes, 13 de diciembre de 2013

LIBROS SELECCIONADOS POLOS CLUBS

Comenzamos a andaina este curso con tres clubs, un de 1º e  2º de  ESO, otro de 3º de ESO e un terceiro de 1º de Bacharelato. As obras seleccionadas son  El silencio del asesino de Concha López Narváez,  Rebeldes de Susan E. Hilton e Estupor e temblores de Amèlie Nothomb, respectivamente.
Posteriormente iremos aportando os conclusións das lecturas.

                     

                                       




lunes, 1 de julio de 2013

Es un libro que habla sobre las aventuras que vive Viana de Rocagrís, una joven doncella que presencia la invasión de los bárbaros. Viana pasa por muchas aventuras, un par de romances y descubre el secreto de por qué los bárbaros se han vuelto tan fuertes e invencibles.

Publicado por Beatriz, 2º ESO D