viernes, 27 de febrero de 2015

KAFKA E A BONECA VIAXEIRA de Jordi Sierra i Fabra

Primeria obra seleccionada e que contou cunha aceptable acollida. Gustou a historia pola emoción e o sentimento con que Frank Kafka consegue remediar ás penas dunha rapaza que perdera a súa boneca.

Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida.

                                                         

A novela de Sierra i Fabra relata, con moito amor, o último tramo da vida de Kafka e a súa experiencia cunha nena descoñecida á que tenta consolar.

Os comentarios dos membros do grupo destacaron a sensibilidade do escritor por atopar unha solución tan inxeniosa que lle servíu a el para tomar contacto coa realidade infantil.





Para entender un pouco sobre a vida de Kafka indagamos na Rede e atopamos este vídeo sinxelo que se pode ver no blog do Club de lectura.





Tamén atopamos as ilustración do libro a cargo de Minia Regos que nos axudou a entender a novela.

 E para rematar comentamos a obra visionando este trabalho feito por María García








jueves, 26 de febrero de 2015

Día de Rosalía

Como vén sendo habitual os compoñentes do Club de Lectura participaron na celebración do Día de Rosalía, concidindo coa data do seu aniversario, o 24 de febreiro, e dende aquí dámoslles as grazas.

Día de Rosalía from bibliototem on Vimeo.

sábado, 17 de enero de 2015

AL OTRO LADO DE LA PANTALLA de Alba Quintas Garciandía


Primeira lectura do grupo. Escollín eu este libro pola temática  e pola cercanía que ten esta actitude entre os adolescentes.

Para a presentación elaborei estes materiais que presento a continuación:

"Ciberacoso. Algúns saben o que é. Outros, non. Agora todos se senten responsables do pesadelo que viviu Luis ao outro lado da pantalla. Medo, indiferenza, covardía, amor.. son algunhas das razóns que os paralizan, que os impiden reaccionar e actuar a tempo. Ata que pasou o que pasou. Hoxe, unha soa pregunta resoa na súa mente: eu tamén puiden paralo?

Con esta novela, merecedora do Premio Jordi Sierra i Fabra 2012 para novos escritores, Alba Quintas Garciandia reflexiona con gran madureza sobre as distintas actitudes que se poden adoptar ante unha situación de acoso.



Segundo de bacharelato é o ano máis difícil para todos. Achégase a temi­da selectividade, pero para Luis iso é o de menos. El sofre ciberacoso. Juan Car­los, o seu mellor amigo, ten parte de culpa, pero Álex, o matón da clase, é o ca­becilla e o peor de todos. Dálle igual o moito que poida sufrir o «chapón» da clase. É o seu obxectivo e nada nin ninguén o fará parar. O odio que ten facía el é máis grande que todo o demais. E o me­jor, dende o seu punto de vista, é que case toda a clase se unÍu a el.

Personaxes
Neste caso, cada capítulo é un personaxe contando como viviu a historia.
Juan Carlos, o mellor amigo de Luis.
"Eu son o que empezou todo, sen coñecer as consecuencias que con levarían os meus actos"
2 Estrela, a noiva de Álex.
"Eu son a que sempre soubo o que estaba a pasar e, aínda así, polo que eu cría amor, non fixen nada para paralo. "
Manuel, o pai de Luis.
"Eu son o irresponsable que non coidou do seu fillo como debería telo feito e que non merece ser chamado pai. "
Alicia, compañeira de clase.
"Eu fun á que Luis intentou protexer, aínda cando nin sequera podía axudarse a se mesmo".
Roberto, o profesor.
"Eu son o profesor que intentou paralo todo cando os pais de Luis me pediron axuda, e que non o conseguiu".
Álex, o acosador.
"E non me arrepinto do que fixen. Eu nunca me arrepinto de nada".
Luis, o acosado.
"Nunca quixen que todo aquilo pasase, por iso non intentei defenderme.
Último capítulo...

Frases do libro para comentar:

"Xuro solemnemente que as miñas intencións non son boas".

"Pero por desgracia, coa miña inocencia, eu só comezara o que se convertería no peor dos pesadelos para o meu mellor amigo. "

"Ás veces non se dan conta de que ao outro lado da pantalla, aínda que non poidan mirala á cara, hai unha persoa con sentimentos".


Con este vídeo móstrase un exemplo da dobre cara desta conducta:




Paralelamente sucedera o tráxico accidente de Arancha, producido en abril, en Madrid.


Elaboramos entre os membros un power point sobre o ciberacoso




Estas son imaxes da segunda sesión deste libro








YO SOY MALALA de Christina Lamb e Malala Yousafzai

Primeira selección do Club de 1º de bacharelato.

“Tenía miedo de ir a la escuela porque han publicado un edicto prohibiendo a todas las chicas ir al colegio. Solo 11 estudiantes fueron a clase, de un grupo de 27… Camino a casa escuché a un hombre diciendo ‘Te mataré’…”

Este libro trata sobre a loita pola igualdade e a educación da muller, o combate entre a liberdade e a dignidade. Conta a historia da idealista e soñadora Malala Yousafzai, que con quince anos é tiroteada polos talibáns por mor da defensa do dereito da educación das nenas.



Nesta autobiografía fai un repaso a historia e da cultura da etnia pasthún, continúa coa historia familiar e finaliza co seu atentado. 

Durante as sesións da lectura adentrámonos na historia de Afganistán, analizando as diferentes etnias, o fundamentalismo relixioso e a defensa dos dereitos á educación.







Foi un libro que non deixou indiferentes ós alumnos, onde se punido comprobar o respecto ó diferente, as estratexias contraditorias de moitos políticos e países e ,sobre todo, admirar a defensa dos dereitos da educación, que non deixa de ser tamén unha loita de cada un de nós.


domingo, 5 de octubre de 2014

Propaganda para ser membro do Club de Lectura

Comeza o curso e con el as actividades do Club de Lectura. Este ano ííxose unha presentación para buscar novos candidatos-as para formar parte do Club, que estivo exposta na primera semana do mes de outubro na pantalla de eventos do IES.


jueves, 12 de junio de 2014

VERSOS A COMPOSTELA de Rosalía de Castro

Foi a terceira obra seleccionada polos dous clubs de ESO. Fixemos unha sesión previa onde se presentou información sobre Rosalía e a bibliografía existente na biblioteca.


Na segunda sesión naceu a idea de realizar un roteiro literario pola cidade de Santiago de Compostela tomando como punto de partida os poemas que aparecían na citada obra, 

A medida que nos introducimos no seu contido foron madurando diversas iniciativas:

·      Selección de relatos.
·      Lectura pública dos textos en lugares significativos de Santiago: Obradoiro, Catedral, Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval.
·      Indagar na vida de Rosalía e presenza activa na cidade.
·     Visitar lugares senlleiros de Santiago citados no poemario.

Á vista da cantidade de información xenerada tomamos a iniciativa de elaborar un roteiro pola cidade de Santiago, relacionando poemas do libro con lugares emblemáticos da cidade e que tiveron unha impronta destacada no trascurso da vida de Rosalía. Así mesmo queriamos facer a excursión a Santiago e facer as lecturas in situ, pero un erro na planificación impidíu a súa realización, quedando pendente de facela para o vindeiro curso. Este é o roteiro elaborado:


PRACTICA ANTES DE LA RECUPERACIÓN FINAL

Llega la hora de dar ese esfuerzo final. Para unos será consolidar lo ya aprendido, para otros, la última oportunidad. Sea lo que sea, lee, piensa, crea y... que tengas suerte.

Aquí os dejo varios documentos para practicar.

Control 2ª evaluación

Control 3ª evaluación