miércoles, 3 de mayo de 2017

Visita ás FRAGAS DO EUME

E chegou o momento máis entretido e desexado: a viaxe ás Fragas do Eume. un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.

Esta viaxe celebrouse para complementar á lectura dos relatos de Ánxel Fole Á luz do candil.

Como se pode observar no vídeo, iniciamos o roteiro pola Fraga, acompañados por dous guías do parque que nos foron amosando as diversas especies de árbores, fentos e liquens. 

Agochado, na metade do percorrido, atopámonos co mosteiro de Caaveiro, onde o noso querido profesor Jorge Potel nos levou pola época máxica da Galicia monacal na Idade Media. 

Antes do xantar achegámonos ó castelo dos Andrade, fortaleza que data do sécuo XIV, mandada derrubar polos Reis Católicos e restaurada no XIX e pertencente á Casa de Alba.

Pola tarde disfrutamos dun paseo pola vila de Pontedeume, visitando o Torreón dos Andrade e a praza do Concello.

Como remate fomos coñecer na vila de Betanzos o Parque do Pasatempo, orixinal lugar de divertimento construído inicialmente en 1893 a instancias do benfeitor e emigrante betanceiro na Arxentina Juan García Naveira.




miércoles, 22 de marzo de 2017

Á lus do candil de ÁNXEL FOLE

Obra escollida para ser lida por todos os clubs de lectura co gallo de realizar o noso roteiro literario.

As Fragas do Eume vai ser o destino da nosa saída cultural e Ánxel Fole e Á lus do candil, os nosos protagonistas. A través dos catorce contos con que conta o libro, Fole vainos levar ó mundo rural galego coas súas tradicións e medos, creencias e supersticións, empregando o galego suave do Caurel, xunto co misterio da noite na que só se aprecia a luz do candil.

"As noites de inverno soio son boas pra os trasgos, pra as meigas, pra os lobos… E pra quen escoita contos de medo sentindo rombalo vento." 


Antes de realizala visita, léronse algúns dos contos. Un deles foi Os lobos, do que atopamos guías para a súa lectura e comprensión e a continuación. Por último, vimos esta versión cinematográfica.





Posteriormente realizamos a saída cultural polas Fragas do Eume.







domingo, 5 de marzo de 2017

Penúltimas tendencias de CARLOS NEGRO

Obra poética rompedora sobre a muller adolescente e toda a problemática que envolve o seu mundo: imaxe corporal, tendencias, acoso, amor... 

Carlos Negro preséntanos a unha rapaza ousada, con carácter, con firmeza que se enfronta a un mundo marcado polo machismo e por unha imaxe corporal feminina baseada nas modas, nas revistas, nas películas e nunha sociedade cunha tendencia a ver a muller como un obxecto máis que coma unha persoa.


Gustou moito participando activamente na lectura e comentario dos poemas.


Tras a lectura, realizamos un recitado de poemas, así como opinións sobre a obra.


O alumnado de 2 PEMAR do IES A XUNQUEIRA 2 de Pontevedra comenta o libro "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro. from IES A Xunqueira II on Vimeo.

sábado, 18 de febrero de 2017

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de ANNABEL PITCHER



Libro presentado por un dos membros do club e que gustou, chunha historia cercana, que atrapa e moi tenra.



Como actividades propúxose a búsqueda de información sobre os atentados que sofreu Londres en 2005  e que supuxeron a base temática do libro de Annabel Pitcher.








Ó remate da lectura aportáronse opinións sobre a lectura.







viernes, 17 de febrero de 2017

Bicos de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR



Bicos de XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR (Galego)

Obra seleccionada para os grupos de narrativa de 1º e 2º de ESO e 2º e 3º de PEMAR.
Tivo a novidade de contar coa visita do autor, actividade que se levou a cabo conxuntamente co Equipo de Dinamización de Lingua Galega.


Biografía



Preparamos con antelación á visita, tanto na procura de datos biográficos como no seu percorrido literario. Con toda esta información decidimos realizarlle unha entrevista na Biblioteca, actividade que resultou ser moi cercana e entrañabel por parte do autor. 

A continuación presentamos o vídeo da visita do escritor ó noso centro, acto no que o autor nos relata dunha maneira intimista feitos da súa infancia e sométese a unha entrevista por parte de dous noveis periodistas, Raúl e Bea. Outros membros dos clubs recitan poemas da obra "Bicos"


sábado, 3 de diciembre de 2016

Nunca me abandones, de KAZUO ISHIGURO (Castelán)


Excelente novela utópico-gótica que nos traslada a un internado cuxos xoves membros non saben realmente que son os actores dun mundo hermético onde apenas teñen contacto co mundo exterior.




 Gustou bastante e dou lugar a unha posta en común interesante sobre o modelo de sociedade actual e cal sería o máis desexable.




miércoles, 30 de noviembre de 2016

El mercader de Venecia de WILLIAM SHAKESPEARE


Primer achegamento ó xénero dramático e que gustou entre os membros do club.

Como introducción vimos un trailer sobre a película, que axudou á contextualización da obra.