lunes, 3 de julio de 2017
Ollos de auga de DOMINGO VILLAR
Buscamos na rede traballos sobre esta obra e gustou un vídeo elaborado polo alumnado do IES Mendiño de Vigo. O alumnado realizou unha gravación coas impresións persoais sobre a obra.
Campos de fresas de JORDI SIERRA i FABRA
Derradeira lectura do grupo e que foi
seleccionada por comentarios que lles fixeron compañeiros do instituto.
Realizamos varias sesións, algunhas de lectura en voz alta, comentando feitos e opinando sobre a reacción dos protagonistas da historia. Dou pé para falar das diversas temáticas que o autor nos amosa: drogas, adolescencia, bulimia, dereito á intimidade...

viernes, 16 de junio de 2017
Visita ás librarías de Pontevedra
Ola totems!
O pasado luns día 12 e xa como unha das derradeiras actividades deste curso, os membros dos clubes de lectura fixeron a súa xa tradicional compra de libros para a biblioteca. Este ano, como non tivemos feira do libro en Pontevedra, decidimos que iamos ir á fonte primaria dos libros: as librerías. Así que nos puxemos en marcha despois do recreo e, atravesando media cidade, chegamos á zona comercial onde visitamos a librería Nobel, a librería Paz, Cronopios, Seijas, Escolma, El pueblo, Cao, Metáfora, D-Lectum, clip, ... e penso que non nos olvidamos de ningunha máis.
Aquí tedes o video-resumen da saida, no que poderedes atopar ó final as sempre interesantes recomendacións dos nosos máis aguerridos lectores e algúns dos libros que mercaron para a nosa biblioteca, libros que xa vos están a agardar para que os leades sen demora.
sábado, 27 de mayo de 2017
La historia del señor Sommer, de PATRICK SÜSKIND
Derradeira lectura e que nos amosa un conto en apariencia infantil e naïf, pero que a medida que se foi lendo móstranos un nó con variados puntos de vista.
A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor Sommer.
Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así pasan os seus días.
A continuación presentamos un audio onde os compoñentes do club opinan sobre o relato.
A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor Sommer.
Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así pasan os seus días.
miércoles, 3 de mayo de 2017
Visita ás FRAGAS DO EUME
E chegou o momento máis entretido e desexado: a viaxe ás Fragas do Eume. un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.
Esta viaxe celebrouse para complementar á lectura dos relatos de Ánxel Fole Á luz do candil.
Como se pode observar no vídeo, iniciamos o roteiro pola Fraga, acompañados por dous guías do parque que nos foron amosando as diversas especies de árbores, fentos e liquens.
Agochado, na metade do percorrido, atopámonos co mosteiro de Caaveiro, onde o noso querido profesor Jorge Potel nos levou pola época máxica da Galicia monacal na Idade Media.
Antes do xantar achegámonos ó castelo dos Andrade, fortaleza que data do sécuo XIV, mandada derrubar polos Reis Católicos e restaurada no XIX e pertencente á Casa de Alba.
Pola tarde disfrutamos dun paseo pola vila de Pontedeume, visitando o Torreón dos Andrade e a praza do Concello.
Como remate fomos coñecer na vila de Betanzos o Parque do Pasatempo, orixinal lugar de divertimento construído inicialmente en 1893 a instancias do benfeitor e emigrante betanceiro na Arxentina Juan García Naveira.

miércoles, 22 de marzo de 2017
Á lus do candil de ÁNXEL FOLE
Obra escollida para ser lida por todos os clubs de lectura co gallo de realizar o noso roteiro literario. As Fragas do Eume vai ser o destino da nosa saída cultural e Ánxel Fole e Á lus do candil, os nosos protagonistas. A través dos catorce contos con que conta o libro, Fole vainos levar ó mundo rural galego coas súas tradicións e medos, creencias e supersticións, empregando o galego suave do Caurel, xunto co misterio da noite na que só se aprecia a luz do candil.

Antes de realizala visita, léronse algúns dos contos. Un deles foi Os lobos, do que atopamos guías para a súa lectura e comprensión e a continuación. Por último, vimos esta versión cinematográfica.
Posteriormente realizamos a saída cultural polas Fragas do Eume.
domingo, 5 de marzo de 2017
Penúltimas tendencias de CARLOS NEGRO
Obra poética rompedora sobre a muller adolescente e
toda a problemática que envolve o seu mundo: imaxe corporal, tendencias, acoso,
amor...
Carlos Negro preséntanos a unha rapaza ousada, con carácter, con firmeza que se enfronta a un mundo marcado polo machismo e por unha imaxe corporal feminina baseada nas modas, nas revistas, nas películas e nunha sociedade cunha tendencia a ver a muller como un obxecto máis que coma unha persoa.
Gustou moito participando activamente na lectura e comentario dos poemas.
Tras a lectura, realizamos un recitado de poemas, así como opinións sobre a obra.
O alumnado de 2 PEMAR do IES A XUNQUEIRA 2 de Pontevedra comenta o libro "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro. from IES A Xunqueira II on Vimeo.
Carlos Negro preséntanos a unha rapaza ousada, con carácter, con firmeza que se enfronta a un mundo marcado polo machismo e por unha imaxe corporal feminina baseada nas modas, nas revistas, nas películas e nunha sociedade cunha tendencia a ver a muller como un obxecto máis que coma unha persoa.
Gustou moito participando activamente na lectura e comentario dos poemas.
Tras a lectura, realizamos un recitado de poemas, así como opinións sobre a obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)