Foi un dos grupos máis numerosos dos clubs de lectura. Levamos xa cinco anos incidindo nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular.
A experiencia foi moi positiva, porque se conformou unha rapazada do máis diverso tipo: grandes lectores de novela, só adictos ó manga, escasos coñecedores da novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata 1º de Bacharelato) e con ritmos distintos de aprendizaxe. To do isto conferíulle ó grupo un colorido diferente ó dos outros clubs do instituto.
Aproveitando o coñecemento que varios membros teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de explicar que é o manga, como naceu, características, temáticas, etc., para alumnos que o descoñecían. Puxemos un vídeo do curso pasado, onde exmembros do club fan dita presentación.
Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.
Do grupo de manga encargáronse dous compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō shōjo, shonen, mecha e spokon.
A continuación presentamos algúns dos títulos e traballos realizados polos compoñentes do grupo, que consisten en grabacións en vídeo de opinións das obras lidas. (ver blog)
domingo, 17 de junio de 2018
martes, 12 de junio de 2018
La puntuación de LAUREN MCLAUGHLIN
Imani é unha puntuada. Iso significa que todo o que fai e di é rexistrado, procesado e puntuado por Score Corp a través das cámaras que hai situadas por toda a cidade. E ter unha puntuación alta é indispensable: sen ela, ir á universidade e conseguir o traballo que desexas están completamente fóra do teu alcance... a menos que teñas diñeiro.
E para conseguir unha boa puntuación hai que coidar o que dis, como o dis e con quen che relacionas. Se o teu mellor amigo ten unha puntuación baixa,
iso afectará á túa tamén. E nesta situación atópase Imani. De noventa e tres pasou a unha puntuación de sesenta e catro por culpa do seu mellor amiga, Cady, e de súpeto atópase con que os seus soños de seguir estudando explótanlle na cara. Caer é moi fácil, pero subir é misión imposible. Que fará agora?

Algunhas novas sobre a autora
Escritora, guionista e produtora cinematográfica, Lauren McLaughlin dedícase actualmente á literatura xuvenil, onde conseguiu un gran éxito grazas á súa serie "Cycler" e á novela "A puntuación".
Esta novela é unha distopía, e que nos fará reflexionar sobre situacións e comportamentos que ás veces nos parecen máis que normais pero ós que deberiamos dedicar algo máis que un pensamento e ante os cales deberiamos alzar a nosa voz máis rebelde.
Na obra critícase a sociedade actual e trata de mostrar solucións ós cidadáns para acadar un nivel socio-económico que, nun principio, só estaría ó alcance das clases sociais máis poderosas. Sen embargo, os medios que propón convirten a esta sociedade en indesexable.
Preme nesta imaxe para escoitar as opinións dos membros sobre o libro.
jueves, 7 de junio de 2018
Encontro con escritores: LEDICIA COSTAS
Ledicia Costas foi a autora protagonista que seleccionamos para realizar o encontro cos membros dos nosos clubes de lectura de narrativa.Escarlatina foi o ingrediente principal das lecturas do club de 1º de ESO. Tres foron as lecturas realizadas:
No club de 2º de ESO, léronse dúas obras moi representativas:

A distopía Recinto gris, foi a selección para o club de 3º/4º de ESO. Por último, para os de Bacharelato Un animal chamado néboa, relatos aterradores e crueis sobre a condición humana no contexto da II Guerra Mundial.

O alumnado dos diferentes grupos disfrutou dos comentarios das diversas obras, indagando no día a día da escritora . Contou anécdotas, sensacións, os momentos de soidade fronte ó papel en branco, os lugares insólitos onde xorde esa vea creativa da que sai a trama de cada historia. Un día para lembrar.
A continuación mostramos neste vídeo os momentos máis destacados do encontro.
jueves, 31 de mayo de 2018
Roteiro pola Mariña Lucense: lendo a ÁLVARO CUNQUEIRO
O mércores 18 de abril realizamos o roteiro pola Mariña Lucense, homenaxeando ó escritor Álvaro Cunqueiro.

Previamente á viaxe adentrámonos na figura de Álvaro Cunqueiro, indagando sobre a súa orixe e obra, sobre todo relacionándoo coa vila de Mondoñedo. Isto foi a razón pola que diriximos a nosa saída anual cos diferentes clubes de lectura cara a esa zona. Mondoñedo por ser a vila natal do escritor e a abundante historia política e relixiosa; Ribadeo e a Praia das Catedrais polo seu atractivo turístico e histórico.

Elaboramos un documento sobre a biografía e as obras máis senlleiras do autor e seleccionamos as seguintes obras para realizar as lecturas:
Publicamos no blog unha entrevista realizada no ano 80 na TVG, onde se fai un percorrido pola súa vida e o tempo histórico no que viviu, e pola súa prolífica obra, caracterizada por un xeito particular de narrar e habitada por un universo de personaxes a medio camiño entre o real e o imaxinario, que o sitúan na contorna do realismo máxico.
A dinámica de traballo foi a selección de varios relatos por cada club de lectura e realizar una posta en común na bibliotecasobre os textos lidos.
Tamén se propuxo o visionado de varios relatos do autor relizados pola TVG. Aquí deixamos o enlace a dous dos que se realizaron a lectura.

- Escola de menciñeiros de editorial Galaxia.
- Os outros feirantes de Galaxia
- Xente de aquí e de acolá, tamén de Galaxia-Narrativa.
Publicamos no blog unha entrevista realizada no ano 80 na TVG, onde se fai un percorrido pola súa vida e o tempo histórico no que viviu, e pola súa prolífica obra, caracterizada por un xeito particular de narrar e habitada por un universo de personaxes a medio camiño entre o real e o imaxinario, que o sitúan na contorna do realismo máxico.
A dinámica de traballo foi a selección de varios relatos por cada club de lectura e realizar una posta en común na bibliotecasobre os textos lidos.
Tamén se propuxo o visionado de varios relatos do autor relizados pola TVG. Aquí deixamos o enlace a dous dos que se realizaron a lectura.
...
Un feliz mundo novo de Aldoux Huxley
Lectura realizada polo grupo de Bacharelato.
Nela, Huxley emprende un axuste de contas coa civilización tecnocrática da que é orixinario e describe a situación á que tende a sociedade industrializada ó santificar a ciencia e mais a técnica e pólas ó servicio do poder, un poder, por outra banda cada vez máis concentrado, máis reforzado e omnipresente. Pretende ser un aviso, por un lado, en contra das sociedades capitalistas e dos aspectos deshumanizados do «progreso» científico e material, encarnados para o autor na sociedade americana, e por outro, unha crítica pola a ausencia de liberdade e emocións que impiden chegar á felicidade.
lunes, 28 de mayo de 2018
Campos de fresas de JORDI SIERRA i FABRA
Derradeira lectura do grupo e que foi seleccionada por
comentarios que lles fixeron compañeiros do instituto. Realizamos varias
sesións, algunhas de lectura en voz alta, comentando feitos e opinando sobre a
reacción dos protagonistas da historia. Dou pé para falar das diversas
temáticas que o autor nos amosa: drogas, adolescencia, bulimia, dereito á
intimidade...
Como remate fixemos unha mesa redonda No patio
interior do centro.
miércoles, 16 de mayo de 2018
La historia del señor Sommer de Patrick Süskind
Derradeira lectura e que nos amosa un conto en apariencia infantil e naïf, pero que a medida que se foi lendo móstranos un nó con variados puntos de vista.
A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor Sommer.
Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así pasan os seus días.
A continuación presentamos un audio onde os compoñentes do club opinan sobre o relato.
A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor Sommer.
Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así pasan os seus días.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)