miércoles, 30 de abril de 2014

CIEN AÑOS DE SOLEDAD de Gabriel García Márquez


Terceira novela do Club de Bacharelato. O motivo da súa escolla foi a recente desaparición do autor o que nos levou a procura da súa bibliografía na biblioteca do Centro. Tras consultar todos os títulos decidiuse por Cien años de soledad.



Antes da lectura coñecemos un pouco da súa biografía con un vídeo de TVE e no que o propio autor fai una lectura describindo unha parte do universo de Macondo.






Tras a lectura fixéronse varias sesións con comentarios sobre a obra e buscando na Rede entrevistas ó autor para percibir a importancia desta obra desde a súa óptica persoal. Unha das que chamou a atención foi a que realizou ó periódico ABC polo escaso peso literario que o propio creador lle concede frente a outras obras que el considera de maior calado cultural.

Enlace á entrevista

jueves, 13 de marzo de 2014

LA MAGIA DE LA REALIDAD de Richard Dawkins

Segunda obra seleccionada polos integrantes do Club de Lectura de Bacharelato. Foi unha proposta do Club seguindo a senda científica que se vén fomentando desde o Equipo de ¨Dinamización da Biblioteca.




Como punto de partida escolleuse un vídeo 





                                       



 no que Richard Dawkins explica o contido e a finalidade da obra. Parte dunha pregunta científica, para logo botar man da mitoloxía para explicar ese fenómeno e remata coa súa explicación científica.


A través da lectura os integrantes do Club deron un paseo máxico a través de mitos elixidos de todo o mundo (Babilonia, xudeo-cristián, azteca, maorí, países nórdicos, Grecia, a cultura chinesa, xaponesa e outras tradicións), observando coma os nosos antepasados explicaban o mundo por medio da maxia sobrenatural antes de que aparecese o método científico.


As opinións foron moi positivas centrando os debates non só no coñecemento científico senón na comprensión da teoría evolucionista ( da que o autor é un ardente defensor) e  na eterna polémica entre a ciencia e a relixión.

lunes, 10 de marzo de 2014

MANGA/CÓMIC


A segunda selección foi a incursión na novela gráfica. A presenza  dalgúns títulos na Biblioteca (Mauss,  Diario de Ana Frank,De profundis ...) fíxonos decidir por este formato e ao mesmo tempo facer sesións conxuntas entre membros do grupo de 1º, 2º e 3º de ESO . Repartimos os títulos e realizouse unha sesión onde se comentaron as características de cada un: tema, texto, imaxes.

              
                  
                     












Tras esta sesión, dúas compoñentes de 2º aconsellaron a lectura de manga e a idea gustou entre o grupo. Resultaron ser unhas grandes coñecedoras deste tipo de cómic e trouxeron da súa colección particular algúns títulos. Tras esta primeira achega, elaboraron unha chea de títulos cunha gran variedade temática: xogos de supervivencia ( Mirai Nikki), amizade e superación persoal (Naruto, One Piece), obxectos máxicos ou poderes especiais (Madoka Mágica), etc.