sábado, 3 de diciembre de 2016
Nunca me abandones, de KAZUO ISHIGURO (Castelán)
Excelente novela utópico-gótica que nos traslada a un internado cuxos xoves membros non saben realmente que son os actores dun mundo hermético onde apenas teñen contacto co mundo exterior.
Gustou bastante e dou lugar a unha posta en común interesante sobre o modelo de sociedade actual e cal sería o máis desexable.
miércoles, 30 de noviembre de 2016
El mercader de Venecia de WILLIAM SHAKESPEARE
miércoles, 28 de septiembre de 2016
Ollos de auga de Domingo Villar

"Ollos de auga" , novela do escritor galego
Está ambientada na cidade de Vigo e os dous protagonistas principais son o inspector Leo Caldas e o seu compañeiro Rafael Estévez, que investigan o asasinato dun xoven saxofonista que morre nunhas circunstancias moi estrañas.
Pertence ó tipo de novela
A trama consiste, xeralmente, na resolución dun misterio de tipo criminal.
O protagonista na novela policíaca é normalmente un policía ou un detective, que, mediante a observación, a análise e o
razoamento deductivo,
consegue finalmente averiguar como, onde, por que se produciu o crimen e quen o perpetrou.

O protagonista na novela policíaca é normalmente un policía ou un detective, que, mediante a observación, a análise e o
razoamento deductivo,
consegue finalmente averiguar como, onde, por que se produciu o crimen e quen o perpetrou.
Novelas policiacas famosas:
Se queres información sobre novidades de literatura negra visita este enlace Novidades
sábado, 2 de julio de 2016
Espida, adaptación teatral da novela "Desnuda" de JORDI SIERRA I FABRA
As veces as ideas xorden sen querer, sen buscalas. O destino pon nas nosas mans unha imaxe, un vídeo, un libro e... nace a ilusión.
Veu á biblioteca como un agasallo e despois de lelo empezou a matinar a idea de amosar o contido nunha obra de teatro. Dende a biblioteca puxémonos mans a obra e logramos adaptar un guión coa idea de representalo o día 24 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, diante do noso alumnado.
E así comezou esta andaina. Propuxemos a idea entre os diversos clubs de lectura e logramos buscar sete intérpretes para os diversos personaxes.
Traballamos arreo, en horas libres, en horas de clase prestadas, en ensaios vespertinos aos que desinteresadamente acudían os alumnos.
A posta en escena foi tamén peculiar. Coa colaboración da Dirección do centro constrúese un escenario para facer un teatro de sombras e realizar unha representación na que só se viran as sombras dos actores.
A idea gustou entre o elenco e tras moitos ensaios puidemos facer realidade o noso soño.
E chegou maio e con el o "Ben Veñas, Maio" e participamos na sección de teatro.
Houbo que traducir a obra ó galego contando coa inestimable axuda do departamento de Lingua Galega.
E así foi como demos remate a esta andaina cunha representación no Teatro Principal o día 4 de maio diante dos compañeiros do instituto.
Consultar resto da entrevista de "La Voz de Galicia"
O neno do pixama a raias de JHON BOYNE
Unha historia, en que o protagonista, Bruno,
un neno de nove anos, se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca.
Cercas como esa existen en moitos sitios do mundo, só desexamos que non te
atopes nunca con unha.
Antes de
iniciar a lectura buscamos en internet
material para contextualizar a época na que se desenvolve a trama: o nazismo.
Este powerpoint
amosa aspectos históricos relevantes e clarificadores
Comienzos, auge y_caida_del_nazismo_sara_sanchez from titoogando
Os alumnos contan a súa visión con estos vídeos
Os alumnos contan a súa visión con estos vídeos
miércoles, 29 de junio de 2016
Novela gráfica e manga
Foi un dos grupos mais numerosos dos clubs de lectura. Nada mais e nada menos que 22 membros. Levamos xa tres anos incidindo nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular.
Aproveitando o coñecemento que varios membro teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de explicar que é o manga, como naceu, características, temáticas, etc., para alumnos que o descoñecían.
A continuación mostramos os traballos realizados polos componentes do grupo tanto de manga como de novela gráfica.
Ana García fainos unha excelente presentación do cómic Maus de Art Spiegelman
David Márquez Salomón achéganos a I Guerra Mundial a través do cómic "La guerra de las trincheras" de Jacques Tardi.
Decidimos na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.
Do grupo de manga encargáronse catro compoñentes que se repartiron por temáticas: mahō shōjo, shonen, mecha e spokon.
Nuria presenta o manga ós compañeiros noveles
Silvia presenta o seu grupo de traballo
A continuación mostramos os traballos realizados polos componentes do grupo tanto de manga como de novela gráfica.
Ana García fainos unha excelente presentación do cómic Maus de Art Spiegelman
David Márquez Salomón achéganos a I Guerra Mundial a través do cómic "La guerra de las trincheras" de Jacques Tardi.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













