Primeira lectura do grupo. Escollín eu este libro pola temática e pola cercanía que ten esta actitude entre os adolescentes.
Para a presentación elaborei estes materiais que presento a continuación:
"Ciberacoso. Algúns saben o que é. Outros, non. Agora todos se senten responsables do pesadelo que viviu Luis ao outro lado da pantalla. Medo, indiferenza, covardía, amor.. son algunhas das razóns que os paralizan, que os impiden reaccionar e actuar a tempo. Ata que pasou o que pasou. Hoxe, unha soa pregunta resoa na súa mente: eu tamén puiden paralo?
Con esta novela, merecedora do Premio Jordi Sierra i Fabra 2012 para novos escritores, Alba Quintas Garciandia reflexiona con gran madureza sobre as distintas actitudes que se poden adoptar ante unha situación de acoso.

Personaxes
Neste caso, cada capítulo é un personaxe contando como viviu a historia.
1 Juan Carlos, o mellor amigo de Luis.
"Eu son o que empezou todo, sen coñecer as consecuencias que con levarían os meus actos"
2 Estrela, a noiva de Álex.
"Eu son a que sempre soubo o que estaba a pasar e, aínda así, polo que eu cría amor, non fixen nada para paralo. "
3 Manuel, o pai de Luis.
"Eu son o irresponsable que non coidou do seu fillo como debería telo feito e que non merece ser chamado pai. "
4 Alicia, compañeira de clase.
"Eu fun á que Luis intentou protexer, aínda cando nin sequera podía axudarse a se mesmo".
5 Roberto, o profesor.
"Eu son o profesor que intentou paralo todo cando os pais de Luis me pediron axuda, e que non o conseguiu".
6 Álex, o acosador.
"E non me arrepinto do que fixen. Eu nunca me arrepinto de nada".
7 Luis, o acosado.
"Nunca quixen que todo aquilo pasase, por iso non intentei defenderme.
Último capítulo...
Frases do libro para comentar:
"Xuro solemnemente que as miñas intencións non son boas".
"Pero por desgracia, coa miña inocencia, eu só comezara o que se convertería no peor dos pesadelos para o meu mellor amigo. "
"Ás veces non se dan conta de que ao outro lado da pantalla, aínda que non poidan mirala á cara, hai unha persoa con sentimentos".
Con este vídeo móstrase un exemplo da dobre cara desta conducta:
Paralelamente sucedera o tráxico accidente de Arancha, producido en abril, en Madrid.
Elaboramos entre os membros un power point sobre o ciberacoso
Estas son imaxes da segunda sesión deste libro