martes, 31 de mayo de 2016

Maus de ART SPIEGELMAN

Ana García Arranz, membro do club
de cómic e manga, realiza unha crítica
sobre o afamado Maus de Art Spiegelman.












viernes, 20 de mayo de 2016

La guerra de las trincheras de TARDI


A guerra é tan horrorosa que é imposible describila con palabras.
Jacques Tardi trata de achegarnos a ela a través dalgunhas historias curtas de soldados reais durante a I Guerra Mundial.

Por David Márquez Salomón.














miércoles, 18 de mayo de 2016

Mande su hijo a Marte de FERNANDO LALANA


Terceira  e derradeira lectura do grupo de narrativa de 1º e 2º de ESO.

Fixemos esta escolla entre varias opcións por ser unha temática, a ciencia-ficción, que atrae ó alumnado nestas idades.


Sinopse: Estamos no século XXIII. A Terra é un minúsculo planeta dentro do sistema solar. As viaxes dun a outro planeta son unha realidade, así como os avances técnicos e científicos. Elisa, a filla do doutor Lozano, mentres o seu pai ten que trasladarse a un planeta afastado por motivos profesionais, debe pasar todo un curso nun colexio interno de Marte. Desde a súa chegada, todo vólveselle en contra. Os seus compañeiros ponse a mal con ela, os profesores non a entenden... Elisa decide escapar, regresar de novo á capital de Marte e dar co paradoiro do seu pai. Con todo, as cousas non son o que parecen... E é que estamos no século XXIII.




Investigamos sobre o autor e atopamos páxinas interesantes, entre elas a do propio autor:



 O libro gustou, sobre todo polo novidoso da temática.

Coñecemos curiosidades do planeta Marte




Foi unha lectura que axudou a descubrir unha nova temática e que gustou bastante.

lunes, 9 de mayo de 2016

El guardián invisible de DOLORES REDONDO

Derradeira lectura do grupo de Bacharelato e tamén a proposta dun membro do grupo, gran lectora de novela negra.

A trama conta como unha detective española formada no FBI ten que resolver as mortes dunhas nenas que aparecen asasinadas coas mesmas características. Este será só o principio dunha historia apaixonante na que os seres lendarios do Norte conviven con crimes aterradores. Ademais, o lugar onde suceden os feitos é Navarra, co que a historia medra en interese pola cercanía.



Como primeira aproximación investigamos sobre a autora e todo o rebumbio que acompañou a súa publicación.




Neste enlace atopamos información sobre a obra e un vídeo no que a autora nos fala sobre a trilogía sobre o Baztán, o val onde suceden os feitos, onde a realidade e mitoloxía conflúen dunha maneira armoniosa.


























As opinións do grupo foron moi positivas, destacando a facilidade da lectura, cun ritmo rápido e unha atmosfera envolvente que atrapa ó lector.


Neste enlace atopamos información sobre a fama que adquiriu a novela que vai ser levada as pantallas dos cinemas.



Relatos de EDGAR ALLAN POE



Derradeira lectura do club de narrativa de 3º de ESO.

De entrada realizamos unha aproximación á figura humana de Poe. Os seus primeiros anos, ó achegamento á novela de terror, a súa rara intelixencia, os escritores e obras que influíron nel (Ivanhoe de Walter Scott e Manfredo de Lord Byron), a perniciosa relación co alcol e coas drogas), o abandono prematuro da universidade, o rexeitamento da súa familia adoptiva cando so tiña dezaoito anos, etc.




Para coñecer máis sobre este personaxe pódense visitar os seguintes enlaces

Vida e obra de Poe

Biografía

Visualizamos tamén este vídeo.





Relatos

Os relatos que imos ler son

El escarabajo de oro

El gato negro

Los crímenes de la calle Morgue

La caída de la Casa Usher