jueves, 13 de marzo de 2014

LA MAGIA DE LA REALIDAD de Richard Dawkins

Segunda obra seleccionada polos integrantes do Club de Lectura de Bacharelato. Foi unha proposta do Club seguindo a senda científica que se vén fomentando desde o Equipo de ¨Dinamización da Biblioteca.




Como punto de partida escolleuse un vídeo 





                                       



 no que Richard Dawkins explica o contido e a finalidade da obra. Parte dunha pregunta científica, para logo botar man da mitoloxía para explicar ese fenómeno e remata coa súa explicación científica.


A través da lectura os integrantes do Club deron un paseo máxico a través de mitos elixidos de todo o mundo (Babilonia, xudeo-cristián, azteca, maorí, países nórdicos, Grecia, a cultura chinesa, xaponesa e outras tradicións), observando coma os nosos antepasados explicaban o mundo por medio da maxia sobrenatural antes de que aparecese o método científico.


As opinións foron moi positivas centrando os debates non só no coñecemento científico senón na comprensión da teoría evolucionista ( da que o autor é un ardente defensor) e  na eterna polémica entre a ciencia e a relixión.

lunes, 10 de marzo de 2014

MANGA/CÓMIC


A segunda selección foi a incursión na novela gráfica. A presenza  dalgúns títulos na Biblioteca (Mauss,  Diario de Ana Frank,De profundis ...) fíxonos decidir por este formato e ao mesmo tempo facer sesións conxuntas entre membros do grupo de 1º, 2º e 3º de ESO . Repartimos os títulos e realizouse unha sesión onde se comentaron as características de cada un: tema, texto, imaxes.

              
                  
                     












Tras esta sesión, dúas compoñentes de 2º aconsellaron a lectura de manga e a idea gustou entre o grupo. Resultaron ser unhas grandes coñecedoras deste tipo de cómic e trouxeron da súa colección particular algúns títulos. Tras esta primeira achega, elaboraron unha chea de títulos cunha gran variedade temática: xogos de supervivencia ( Mirai Nikki), amizade e superación persoal (Naruto, One Piece), obxectos máxicos ou poderes especiais (Madoka Mágica), etc.