miércoles, 12 de julio de 2023

Club de narrativa de 2º ESO 22_23

 Libros lidos neste curso

 Curuxaina: 22 segundos de Eva Mejuto, próxima obra do grupo de Bacharelato.

SENLLEIRAS - ANTIA YAÑEZ RODRIGUEZ - 9788491511908

MARINA | CARLOS RUIZ ZAFON | Casa del Libro

 

Tamén leron os libros escollidos na saída ás librarías. Pódense ver no vídeo as eleccións dos membros do grupo, así como o motivo da escolla. 

 


 

Sobre a lectura dos libros propostos realizamos varias sesións de seguimento e  postas en común das dúas primeiras lecturas. Non puidemos realizar a de Marina. Infuíu o excesivo número de membros deste club, que dificultaba a planificación de reunións. Este aspecto está tamén reflectido nas opinións que aparecen no blog, así como no apartado de avaliación.

 

Realizouse a primeira reunión para comentar a obra 22 segundos de Eva Mejuto e posteriormente tivemos un interesante encontro coa autora na biblioteca do instituto. Comentou todo o proceso creativo, as fontes consultadas e reflexións sobre a realidade transexual os prexuízos aínda existentes.

 

 

Coa autora de Senlleiras, Antía Yáñez, tivemos o encontro no Salón do Libro de Pontevedra, xunto cos outros clubes de 1º e 3º-4º de narrativa.

 

 

 


 

martes, 4 de julio de 2023

Club de narrativa de 1º ESO 22_23


Libros lidos neste curso.

 

Lido no 1º trimestre

Editorial Galaxia | O misterio do torque de Burela

 

 Lido no 2º trimestre

 

O MISTERIO DE PORTOMARIN : YAÑEZ RODRIGUEZ, ANTIA : 9788491510215

 

 Lido no 3º trimestre

 

Cuentos macabros (Albumes): Amazon.es: Edgar Allan Poe, Benjamin ...

 Os libros lidos tiveron moi boa aceptación. Faciamos reunións durante o recreo para comprobar a evolución das lecturas e logo, quedabamos a comer na biblioteca para facer a posta en común das lecturas.


 

OPINA y VALORA - II.HIRU MUGAK_2015

  Opinión sobre o funcionamento do club. Enlace   



 Material elaborado e actvidades realizadas:

Elaboración de carteis que reflexaron os aspectos mais salientables dos libros de Antía Yáñez. Buscaron información sobre como se creou o embalse de Portomarín, sobre a Guerra Civil e a Dictadura, sobre o Museo de Lugo e sobre o Torque de Burela, ente outros.

 

 

Ver mais imaxes


Encontro coa autora Antía Yáñez no Salón do Libro de Pontevedra.

Autora invitada polo Salón do Libro o que permitiu que  os membros do club de narrativa de 1º puidesen escoitar da autora todo o proceso creativo das obras lidas, así como responder a preguntas relacionadas coa súa vida profesional.