miércoles, 12 de julio de 2023

Club de narrativa de 2º ESO 22_23

 Libros lidos neste curso

 Curuxaina: 22 segundos de Eva Mejuto, próxima obra do grupo de Bacharelato.

SENLLEIRAS - ANTIA YAÑEZ RODRIGUEZ - 9788491511908

MARINA | CARLOS RUIZ ZAFON | Casa del Libro

 

Tamén leron os libros escollidos na saída ás librarías. Pódense ver no vídeo as eleccións dos membros do grupo, así como o motivo da escolla. 

 


 

Sobre a lectura dos libros propostos realizamos varias sesións de seguimento e  postas en común das dúas primeiras lecturas. Non puidemos realizar a de Marina. Infuíu o excesivo número de membros deste club, que dificultaba a planificación de reunións. Este aspecto está tamén reflectido nas opinións que aparecen no blog, así como no apartado de avaliación.

 

Realizouse a primeira reunión para comentar a obra 22 segundos de Eva Mejuto e posteriormente tivemos un interesante encontro coa autora na biblioteca do instituto. Comentou todo o proceso creativo, as fontes consultadas e reflexións sobre a realidade transexual os prexuízos aínda existentes.

 

 

Coa autora de Senlleiras, Antía Yáñez, tivemos o encontro no Salón do Libro de Pontevedra, xunto cos outros clubes de 1º e 3º-4º de narrativa.

 

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario