lunes, 17 de junio de 2019

Visita ás librarías de Pontevedra

Xa forma parte das nosas saídas e non faltamos á cita coa ás librarías de Pontevedra.




En cada unha delas ben pediron información sobre as novidades editoriais, ben xa ían co seu libro pensado para mercar e que nos gustaría que estivese na biblioteca para compartilos cos seus compañeiros.



 Despois falamos en grupo sobre os motivos da compra dese libro. Un dos días máis esperados.

miércoles, 12 de junio de 2019

Club de Francés



Creouse esta nova sección coa intención de utilizar novas vías de para o dominio da Lingua Francesa dentro do alumnado.

Os titulos propostos foron cómics con diverso grado de dificultade como Tintín de Hergé, Corto Maltese de Hugo Pratt, Lucky Lucke de Morris, Kidd Paddle de Midam para os máis avanzados ou Boule et Bill de Jean Rocha, Le chat de Philippe Geluck, Le petite Spirou de Tome para os primeiros cursos de Eso.









Realizábanse reunións quincenais cunha metodoloxía participativa: as obras seleccionadas servieron de fío condutor para unha conversación informal. Algunhas componentes realizaron as súas opinións en francés sobre varios títulos propostos, aínda que se constatou a dificultade de facela totalmente en lingua francesa polo que se realizaba en galego ou castelán. Marcouse o obxectivo de faceren as lecturas en voz alta aos pais e nais.




A experiencia gustou e os participantes decidiron seguir coa formando parte do club para o vindeiro curso, tratando de que a lingua de comunicación sexa o francés.

Para ver máis fotos pincha aquí.

 

lunes, 10 de junio de 2019

Club de lectura de Manga e Cómic





Foi un dos grupos máis numerosos dos clubs de lectura. Levamos xa seis anos nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular.








A experiencia foi moi positiva, porque se conformou unha rapazada do máis diverso tipo: grandes lectores de novela, só adictos ó manga, escasos coñecedores da novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata 2º de Bacharelato) e con ritmos distintos de aprendizaxe. Todo isto conferíulle ó grupo un colorido diferente ó dos outros clubs do instituto








Decidíuse na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.


ACTIVIDADES REALIZADAS:
  • Aproveitando o coñecemento que varios membros teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de facer grupos pequenos onde houbera lectores noveles tutelados por un coordinador que se encargaba de investigar as temáticas que máis lles gustabas así como mostrar os títulos que temos na biblioteca.





  • Compra de fondos tendo en conta as súas preferencias.




    •  Posta en común das lecturas. 






    •  Preparación de compras na saída ás librarías.