martes, 20 de junio de 2023

Club de Novela Gráfica e Banda Deseñada en Francés

 

A proposta inicial foi que os alumnos se familiarizaran cos personaxes e ao lugares comúns en todas as bandas deseñadas que temos na bibioteca. Cada membro elixiu os títulos que lle apetecía dentro da variedade de fondos existentes.


Médiathèque d'Entrammes: Les carnets de Cerise Tome 1 Le zoo pétrifié   Os títulos elexidos polos alumnado ao longo do curso foron:

  “Je m’ appelle Kyliam”, “Mortelle Adèle”, “Les carnets de Cérise », «Monsieur    et Madame vont dans la lune », « Astérix en Hispanie », « 90 livres culte à l’usage des personne pressées», « Bill et Boule une vie de chien », « le petit Nicolas » »Kiddpaddle » « Les Schtroumpfs »



 

 

 

 

 

O departamento fixo fincapé na lectura por placer e que se adecuara ao nivel do alumno. As imaxes axudaron a comprensión do texto.



 

 

 

Realizaron unha ficha para dar a súa opinión sobre o libro lido, que logo serviu para as postas en común.
 

 

Cun grupiño de entre os participantes gravouse tamén un podcast na radio escolar onde , a modo de pequeño programa, cada alumno opinaba e recomendaba a lectura da súa banda deseñada.


A maioría dos integrantes leron polo menos 1 B.D., ainda que algún amosou a súa dificultade e manifestaron que lles costara entender a banda deseñada elixida.

Os alumnos que participaron este ano cursan 2º, 3º e 4º da ESO.