Foi un dos grupos máis numerosos dos clubs de lectura. Levamos xa seis anos nesta temática que tanto atrae e da que vai medrando dun xeito espectacular.
A experiencia foi moi positiva, porque se conformou unha rapazada do máis diverso tipo: grandes lectores de novela, só adictos ó manga, escasos coñecedores da novela gráfica, alumnado de diferentes niveis (desde 1º ata 2º de Bacharelato) e con ritmos distintos de aprendizaxe. Todo isto conferíulle ó grupo un colorido diferente ó dos outros clubs do instituto
Decidíuse na primeira reunión elaborar un plan de traballo anual, dividindo o curso en dous apartados. O primeiro cuatrimestre adicámolo ó manga e o segundo, á novela gráfica.
ACTIVIDADES REALIZADAS:
- Aproveitando o coñecemento que varios membros teñen sobre a temática manga, decidimos facer unha primeira sesión tratando de facer grupos pequenos onde houbera lectores noveles tutelados por un coordinador que se encargaba de investigar as temáticas que máis lles gustabas así como mostrar os títulos que temos na biblioteca.
- Compra de fondos tendo en conta as súas preferencias.
- Posta en común das lecturas.
- Preparación de compras na saída ás librarías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario