miércoles, 12 de junio de 2019

Club de Francés



Creouse esta nova sección coa intención de utilizar novas vías de para o dominio da Lingua Francesa dentro do alumnado.

Os titulos propostos foron cómics con diverso grado de dificultade como Tintín de Hergé, Corto Maltese de Hugo Pratt, Lucky Lucke de Morris, Kidd Paddle de Midam para os máis avanzados ou Boule et Bill de Jean Rocha, Le chat de Philippe Geluck, Le petite Spirou de Tome para os primeiros cursos de Eso.









Realizábanse reunións quincenais cunha metodoloxía participativa: as obras seleccionadas servieron de fío condutor para unha conversación informal. Algunhas componentes realizaron as súas opinións en francés sobre varios títulos propostos, aínda que se constatou a dificultade de facela totalmente en lingua francesa polo que se realizaba en galego ou castelán. Marcouse o obxectivo de faceren as lecturas en voz alta aos pais e nais.




A experiencia gustou e os participantes decidiron seguir coa formando parte do club para o vindeiro curso, tratando de que a lingua de comunicación sexa o francés.

Para ver máis fotos pincha aquí.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario