Como punto de partida escolleuse un vídeo
no que Richard Dawkins explica o contido e
a finalidade da obra. Parte dunha pregunta científica, para logo botar man da
mitoloxía para explicar ese fenómeno e remata coa súa explicación científica.
As opinións foron moi positivas centrando os debates
non só no coñecemento científico senón na comprensión da teoría evolucionista (
da que o autor é un ardente defensor) e na
eterna polémica entre a ciencia e a relixión.
A través da lectura os integrantes do Club
deron un paseo máxico a través de mitos elixidos de todo o mundo (Babilonia,
xudeo-cristián, azteca, maorí, países nórdicos, Grecia, a cultura chinesa,
xaponesa e outras tradicións), observando coma os nosos antepasados explicaban
o mundo por medio da maxia sobrenatural antes de que aparecese o método
científico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario