A segunda selección
foi a incursión na novela gráfica. A presenza dalgúns títulos na Biblioteca (Mauss, Diario de Ana Frank,De profundis ...)
fíxonos decidir por este formato e ao mesmo tempo facer sesións conxuntas entre membros do grupo de 1º, 2º e 3º de ESO . Repartimos os títulos e realizouse unha sesión
onde se comentaron as características de cada un: tema, texto, imaxes.
Tras esta sesión,
dúas compoñentes de 2º aconsellaron a lectura de manga e a idea gustou entre o
grupo. Resultaron ser unhas grandes coñecedoras deste tipo de cómic e trouxeron
da súa colección particular algúns títulos. Tras esta primeira achega,
elaboraron unha chea de títulos cunha gran variedade temática: xogos de
supervivencia ( Mirai Nikki), amizade e superación persoal (Naruto, One Piece),
obxectos máxicos ou poderes especiais (Madoka Mágica), etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario