miércoles, 18 de mayo de 2016

Mande su hijo a Marte de FERNANDO LALANA


Terceira  e derradeira lectura do grupo de narrativa de 1º e 2º de ESO.

Fixemos esta escolla entre varias opcións por ser unha temática, a ciencia-ficción, que atrae ó alumnado nestas idades.


Sinopse: Estamos no século XXIII. A Terra é un minúsculo planeta dentro do sistema solar. As viaxes dun a outro planeta son unha realidade, así como os avances técnicos e científicos. Elisa, a filla do doutor Lozano, mentres o seu pai ten que trasladarse a un planeta afastado por motivos profesionais, debe pasar todo un curso nun colexio interno de Marte. Desde a súa chegada, todo vólveselle en contra. Os seus compañeiros ponse a mal con ela, os profesores non a entenden... Elisa decide escapar, regresar de novo á capital de Marte e dar co paradoiro do seu pai. Con todo, as cousas non son o que parecen... E é que estamos no século XXIII.




Investigamos sobre o autor e atopamos páxinas interesantes, entre elas a do propio autor:



 O libro gustou, sobre todo polo novidoso da temática.

Coñecemos curiosidades do planeta Marte




Foi unha lectura que axudou a descubrir unha nova temática e que gustou bastante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario