Segunda lectura do Club e que xa fora lida hai dos cursos. Novela na que a autora escribe unha historia sobre adolescentes para adolescentes que buscan respostas na súa iniciación na vida adulta.
Nada importa, nada ten importancia.
Para que facer nada se nada ten interese.
Na súa procura arriscarán parte de si mesmos e descubrirán que só ao perder algo se aprecia o seu valor. Pero logo, pode ser demasiado tarde.
A obra dá unha boa visión xeral de todo que se apoia a sociedade na que estamos: relixión; sexo; a mentira (enganar os pais, por exemplo); crueldade entre nenos; relacións pais - fillos; mercantilización de todo; etc.
Antes de comenzar a lectura o grupo visionou un trailer protagonizado por Janne Teller, que aporta certas claves que lle levaron a escibir esta obra.
Ó finalizar a lectura, os membros do Club
realizaron un debate sobre as decisións que tomaron os personaxes e trataron de
vivenciar como sería se a elles lles tocase realizar as eleccións, e o máis
destacado, que escollerían?