lunes, 18 de diciembre de 2017

1º Programa de televisión: Páxina Aberta

Tal e como nos propuxemos logramos crear un canal de televisión titulado Páxina Aberta. Este é un espacio no que os nosos alumnos dos diferentes clubs de lectura, e tamén os profesores, persoal non docente e resto do alumnado  falan sobre o que mais lles gusta: os libros.

Non é porque o teñamos feito dende a Biblioteca, pero debemos dicir que quedou bastante ben. Somos principiantes nesto da TV e, sen dúbida, hai cousas a mellorar (entre outras o son), pero pouco a pouco, con cada novo programa, de seguro que o acadamos. Temos o máis importante para elo: uns alumnos motivados, con iniciativa e moi ben preparados.
Sen mais vos poño o enlace ó primeiro programa de Páxina Aberta.
Desexamos que vos guste.


domingo, 17 de diciembre de 2017

Farenheit 451 de Ray Bradbury




Resultado de imaxes para farenheit 451



Lectura realizada polo grupo de Bacharelato. Continuación do ciclo de distopías que se leron neste curso e nas que se incluiron títulos como Recinto gris de Ledicia Costas, La puntuación de Lauren McLaughlin e 1984 de George Orwell. 

Contido que deu lugar a un interesante debate que se presenta a continuación no seguinte audio.




Resultado de imaxes para audio 







Penúltimas tendencias de CARLOS NEGRO


Obra poética rompedora sobre a adolescencia e toda a problemática que envolve ó seu mundo: imaxe corporal, tendencias, acoso, amor... Gustou moito pola súa temática, participando activamente na lectura e comentario dos poemas.