Temos novo programa! Costou sacalo adiante, pero xa está aquí.
A verdade é que resulta complicado sacar esos 20 minutos de programa. Hai que coordinarse a tope, hai que facer os guións, hai que grabar ás presentadoras, ós que interveñen nas diferentes seccións, hai que montar todo o material, audio por un lado, imaxe por outro, buscar a música, ... E todo esto nos recreos, que non hai outro momento, e con alumnos de diferentes grupos e cursos. Uf!, toda unha odisea.
Xa pensei co primeiro programa que non iamos sobrevivir, pero non só o fixemos, senon que incluso repetimos.
Dende a Biblioteca queremos agradecer a todos os que interviron a súa participación. Sen o seu esforzo non sería posible sacar adiante esta iniciativa. Non hai máis que botar unha ollada ós créditos, ó final do programa, para darse de conta que foron moitos. Temos un grande equipo, non só polo número, senón pola súa calidade. Xa sabemos que non somos profesionais pero, como dicían a nosas presentadoras, "todo se andará".
Pero non cabe deterse demasiado nin andar con complacencias. Como lle diría a Raiña de Corazóns a Alicia Liddell, este é un mundo rápido, no que, se te paras, quedas no sitio. E nós queremos seguir avanzando, queremos seguir cara adiante, en continuo movemento, para que cando nos deteñamos a botar a vista atrás, se nos presente unha paisaxe chea de cousas que fixemos e das que aprendimos.
Unha aperta a todos.
E para os que vos perdestes o primeiro programa aquí tedes un enlace.