jueves, 31 de mayo de 2018

Roteiro pola Mariña Lucense: lendo a ÁLVARO CUNQUEIRO

O mércores 18 de abril realizamos o roteiro pola Mariña Lucense, homenaxeando ó escritor Álvaro Cunqueiro.





Previamente á viaxe adentrámonos na figura de Álvaro Cunqueiro, indagando sobre a súa orixe e obra, sobre todo relacionándoo coa vila de Mondoñedo. Isto foi a razón pola que diriximos a nosa saída anual cos diferentes clubes de lectura cara a esa zona. Mondoñedo por ser a vila natal do escritor e a abundante historia política e relixiosa; Ribadeo e a Praia das Catedrais polo seu atractivo turístico e histórico.

Elaboramos un documento sobre a biografía e as obras máis senlleiras do autor e seleccionamos as seguintes obras para realizar as lecturas:

  • Escola de menciñeiros de editorial Galaxia.
  • Os outros feirantes de Galaxia
  • Xente de aquí e de acolá, tamén de Galaxia-Narrativa.



Publicamos no blog unha entrevista realizada no ano 80 na TVG, onde se fai un percorrido pola súa vida e o  tempo histórico no que viviu, e pola súa prolífica obra, caracterizada por un xeito particular de narrar e habitada por un universo de personaxes a medio camiño entre o real e o imaxinario, que o sitúan na contorna do realismo máxico.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ciclo-autores-galegos-cunqueiro-o-senor-das-palabras-4

A dinámica de traballo foi a selección de varios relatos por cada club de  lectura e realizar una posta en común na bibliotecasobre os textos lidos.

Tamén se propuxo o visionado de varios relatos do autor relizados pola TVG. Aquí deixamos o enlace a dous dos que se realizaron a lectura.

 

...

Un feliz mundo novo de Aldoux Huxley


Lectura realizada polo grupo de Bacharelato.


Nela, Huxley emprende un axuste de contas coa civilización tecnocrática da que é orixinario e describe a situación á que tende a sociedade industrializada ó santificar a ciencia e mais a técnica e pólas ó servicio do poder, un poder, por outra banda cada vez máis concentrado, máis reforzado e omnipresente. Pretende ser un aviso, por un lado, en contra das sociedades capitalistas e dos aspectos deshumanizados do «progreso» científico e material, encarnados para o autor na sociedade americana, e por outro, unha crítica pola a ausencia de liberdade e emocións que impiden chegar á felicidade.



lunes, 28 de mayo de 2018

Campos de fresas de JORDI SIERRA i FABRA


Derradeira lectura do grupo e que foi seleccionada por comentarios que lles fixeron compañeiros do instituto. Realizamos varias sesións, algunhas de lectura en voz alta, comentando feitos e opinando sobre a reacción dos protagonistas da historia. Dou pé para falar das diversas temáticas que o autor nos amosa: drogas, adolescencia, bulimia, dereito á intimidade...

Como remate fixemos unha mesa redonda No patio interior do centro.





miércoles, 16 de mayo de 2018

La historia del señor Sommer de Patrick Süskind

Derradeira lectura e que nos amosa un conto en apariencia infantil e naïf, pero que a medida que se foi lendo móstranos un nó con variados puntos de vista.

 A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor Sommer.

Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así pasan os seus días.





 A continuación presentamos un audio onde os compoñentes do club opinan sobre o relato.