domingo, 26 de mayo de 2019

Club de lectura 2º PMAR



As flores radiactivas de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 




Texto sinxelo e cercano á realidade galega, que lles permitiu investigar sobre o afundimento do petroleiro Prestige no ano 2002 e a repercusión que tivo na nosa contorna.


Chamoulles moito a atención como o autor crea unha narración con eses ingredentes e a solución que lle dá o relato.











Campos de fresas de JORDI SIERRA i FABRA

Derradeira lectura do grupo e que foi seleccionada por comentarios que lles fixeron compañeiros do instituto.


Realizamos varias sesións, algunhas de lectura en voz alta, comentando feitos eopinando sobre a reacción dos protagonistas da historia. Dou pé para falar das diversas temáticas que o autor nos amosa: drogas, adolescencia, bulimia, dereito á intimidade...










domingo, 19 de mayo de 2019

Club de lectura de Bacharelato

Foi o grupo que máis lectura realizou procurando obras con temáticas profundas, con transfondos psicolóxicos complexos, como é caso de “Lolita”; outras nas que crítica as convencións sociais e á diferencia de clases, como é caso de “Orgullo e prexuízo”; outras nas que reflexiona sobre a verdade e as súas consecuencias nunha sociedade basada nas apariencias, a hipocresía moral e os prexuízos culturais , como foi no perturbador thriller “La verdad sobre el caso Harry Quebert”.






Os debates e as controversias foron moi intensos e marcaban posturas moi interesantes sobre as diferentes temáticas.


Lolita, de VLADIMIR NAVOKOV













Orgullo e prexuízo de JANE AUSTEN












La verdad sobre el caso Harry Quebert de JÖEL DICKER 







Á lus do candil de Ánxel Fole
Texto seleccionado para realizar o Roteiro literario pola cidade de Lugo, homenaxeado ó escritor Ánxel Fole.


Realizouse unha escolla de varios relatos, comentáronse e léronse na saída realizada pola cidade de Lugo.