lunes, 21 de enero de 2013
FLOR DEL DESIERTO de Waris Dirie y Cathleen Miller
Como nun conto de fadas, Waris Dirie, nada en Somalia nunha familia de pastores nómades, converteuse nunha das modelos máis solicitadas da época. Percorreu un camiño fascinante até pisar as pasarelas máis famosas e ser portada das mellores revistas de moda.
A pesar do éxito, Waris non podía desfacerse do peso dun terrible segredo. No cume da súa carreira, revelou publicamente que fora vítima da ablación. É a historia dunha muller extraordinaria, orgullosa e valente que agocha un desgarrador berro contra a terrible e inhumana tradición da mutilación xenital feminina.
A realizadora e guionista Sherry Hormann adaptou a autobiografía de Waris Dirie para a gran pantalla.
A seguinte presentación ilustra con máis detalle todo o seu sofremento, pero tamén a súa valentía e determinación ante a vida.
lunes, 14 de enero de 2013
LA ESTRATEGIA DEL PARÁSITO de César Mallorquí
Óscar Herrero, nárranos a historia de como a súa vida cambiou, pasando de ser un simple estudante de xornalismo a converterse nun fuxitivo, acusado de violar e asasinar a varias persoas. Pero, é iso certo?.
A historia comeza cando Óscar recibe un sobre dun antigo coñecido, Mario Rocafort. No sobre, ademais dunha carta (onde lle explica que algo grande e catastrófico vai ocorrer si non se fai nada para remedialo), atopa un pendrive con dous arquivos dentro. Un deles chamado camaleón; o outro, Miyazaki. Este último, protexido por unha contraseña que ninguén cre coñecer. Ese obxecto diminuto (o pendrive) será o que cambie a súa vida para sempre. A partir de entón, Óscar, dedicarase a investigar o por que desa carta. Que esconden realmente os arquivos e por que é el, o elixido, para sacar á luz un asunto, a primeira ollada, tan importante.
Pero non o terá nada fácil. A medida que avance nas súas investigacións irase dando máis a coñecer, cometendo, así mesmo, erros irreparables. Será cando Miyazaki, un ser do que pouco se sabe, presénciese na vida de Óscar alegando que, si non lle dá o que quere, é dicir, o pendrive, terá que asumir graves consecuencias. Consecuencias que poden chegarlle ata a perder a vida. Conseguirá cumprir co obxectivo que lle asignou Mario? Ou, pola contra, decidirá darlles o que queren con tal de que a súa vida non corra perigo?
Se queres ver a mensaxe de Mario Rocafort e os arquivos
con todas as probas contra Miyazaki e Tesseract Systems preme neste enlace.
Terás que atopar o resto das instruccións lendo o libro.
MIYAZAKI VIXÍATE.
INTERNET É MIYAZAKI
OCÚLTASE. NON PODES VELO. PERO SEMPRE ESTÁ AÍ.
NON É UN VAMPIRO, PERO ALIMÉNTASE DE TI.
POR ISO ESCÓNDESE E UTILÍZATEE.
E, ENTRE TANTO, MEDRA E MEDRA SEN PARAR.
INTERNET É MIYAZAKI
OCÚLTASE. NON PODES VELO. PERO SEMPRE ESTÁ AÍ.
NON É UN VAMPIRO, PERO ALIMÉNTASE DE TI.
POR ISO ESCÓNDESE E UTILÍZATEE.
E, ENTRE TANTO, MEDRA E MEDRA SEN PARAR.
Se queres ver a mensaxe de Mario Rocafort e os arquivos
con todas as probas contra Miyazaki e Tesseract Systems preme neste enlace.
Terás que atopar o resto das instruccións lendo o libro.
VIENTO DEL ESTE, VIENTO DEL OESTE de Pearl S. Buck
Narrado en primeira persoa polo seu protagonista principal, Kwei-Lan cóntanos a súa conmovedora historia, a dunha muller nacida no seo dunha familia distinguida que dende o mesmo momento do seu nacemento é prometida en matrimonio co seu futuro marido tal e como marcan as normas e tradicións, tanto do seu país coma da súa familia. E para iso será educada e preparada, para servir fielmente ao seu esposo segundo os costumes orientais e chegar a ser a perfecta esposa que todos esperan que sexa.
O seu futuro marido, pola contra, recibe unha educación totalmente diferente, xa que se trasladará a vivir a Estados Unidos para recibir formación académica como médico. Ao rematar a carreira e regresar de novo á súa patria, os seus pais obrigaranlle a cumprir co compromiso e casar coa súa prometida, Kwei-Lan.
Un mundo totalmente diferente abrirase ante eles, pero principalmente para ela. O desexo del é desmarcarse das ríxidas normas orientais e achegase máis as occidentais. Ela terá que acomodarse a unha forma e ritmo de vida para o que non foi preparada, e que por outro lado lle custa enormemente entender. Sufriu moitas penurias e sufrimentos na súa educación de "boa esposa" e agora enfróntase a un mundo que descoñece e a desconcerta. Collida entre dous mundos totalmente diferentes, unha loita interna de sentimentos enfrontados iniciarase no seu interior, debendo librar esa batalla en soidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)