
A pesar do éxito, Waris non podía desfacerse do peso dun terrible segredo. No cume da súa carreira, revelou publicamente que fora vítima da ablación. É a historia dunha muller extraordinaria, orgullosa e valente que agocha un desgarrador berro contra a terrible e inhumana tradición da mutilación xenital feminina.
A realizadora e guionista Sherry Hormann adaptou a autobiografía de Waris Dirie para a gran pantalla.
A seguinte presentación ilustra con máis detalle todo o seu sofremento, pero tamén a súa valentía e determinación ante a vida.
O libro é moi interesante, sobre todo ó principio xa que é impactante a historia de Waris Dirie, todo o que fai para sobrevivir e as penurias que ten que pasar, aínda que tamén hai que dicir que a muller tivo moita sorte. Na miña opinión o interese polo libro vaise perdendo un pouco na mitade do libro xa que se te fai un pouquiño pesado pero ao final fai unha conclusión moi boa que te fai reflexionar.
ResponderEliminar