A derradeira actividade deste curso para o club de lectura é a elaboración dun roteiro literario sobre Castelao na cidade de Pontevedra.
Pretendemos coñecer a vinculación do polifacético artista rianxeiro con lugares simbólicos da vila, así como adentrarnos na súa obra coa lectura de Cousas. Despois de realizar a lectura, seleccionamos 12 relatos cos que realizamos a derradeira actividade: un paseo por Pontevedra da man de Castelao, parando neses espazos emblemáticos, explicando aspectos relevantes da súa biografía e facendo lecturas en voz alta e comentando os relatos de Cousas.
Libriño que consta de tres apartados
1º ROTEIRO CASTELAO
Roteiro Literario Castelao from Equipo da Biblioteca on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario