lunes, 13 de enero de 2014

EL SILENCIO DEL ASESINO

Primeira lectura para este grupo que se iniciaba na súa maioría no Club. Elexíuse esta novela porque mestura intriga, suspense e certas doses de novela negra.

Na primeira sesión falamos da autora Concha López Narváez, entramos no seu blog e o alumnado comprobou a súa dilatada bibliografía.

A obra gustou moito, sobre todo pola intensidade argumental que paseniñamente ía en crescrendo e que desembocou nun desenlace tan inesperado como sorprendente.


Ao finalizar a lectura visualizamos un vídeo que recrea a trama do libro, pero cambiando o xuizo (no que se vai coñecendo os detalles)  por un traballo conxunto de dous policías.



No hay comentarios:

Publicar un comentario