Foi a terceira obra
seleccionada polos dous clubs de ESO. Fixemos unha sesión previa onde se presentou
información sobre Rosalía e a bibliografía existente na biblioteca.
Na segunda sesión
naceu a idea de realizar un roteiro literario pola cidade de Santiago de
Compostela tomando como punto de partida os poemas que aparecían na citada
obra,
A medida que nos introducimos no seu contido foron madurando diversas
iniciativas:
·
Selección de relatos.
·
Lectura pública dos textos en
lugares significativos de Santiago: Obradoiro, Catedral, Panteón de Galegos
Ilustres en Santo Domingo de Bonaval.
·
Indagar na vida de Rosalía e presenza activa na cidade.
· Visitar lugares senlleiros de
Santiago citados no poemario.
Á vista da cantidade de información xenerada tomamos a iniciativa de elaborar un roteiro pola cidade de Santiago, relacionando poemas do libro con lugares emblemáticos da cidade e que tiveron unha impronta destacada no trascurso da vida de Rosalía. Así mesmo queriamos facer a excursión a Santiago e facer as lecturas in situ, pero un erro na planificación impidíu a súa realización, quedando pendente de facela para o vindeiro curso. Este é o roteiro elaborado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario