miércoles, 4 de marzo de 2015

EXO de Jordi Olloquequi


Segunda lectura de Club de 3º e 4º. A proposta ten que ver co pulo que se lle está a dar desde a Biblioteca ó mundo científico: exposicións, concursos, presentacións, etc. Coincidíu no tempo coa lectura científica do grupo de 1º e 2º de ESO, "La puerta de los tres cerrojos".

EXO, a ópera prima de Jordi Olloquequi, amósanos unha novela sorprendente porque logra ligar, coma un arteiro cociñeiro, ingredentes tan heterogéneos como a música, a biología, a aventura, o amor, a ciencia-ficción, e dar como resultado un prato que non deixou indiferente a ninguén.

En xeral non gustou moito, só ós afeccionados ó mundo científico si que se sentiron atraídos, pois explicaba dun modo moi sinxelo procesos bioquímicos que se producen no interior da célula. Tamén destacaron a idea de concienciación medioambiental que se percibe ó longo de toda a trama. Polo demáis a historia foi bastante plana, cuns personaxes  moi simples e cun desenlace rápido. Realmente o tema principal é a ecoloxía e, sobre todo,  facer que amemos á bioloxía e enterarnos do que estamos a facer co no planeta.

Realmente é para amantes das ciencias.


Ziggy é un adolescente extraterrestre amante da música da Terra, que gaña a opción de viaxar ao noso planeta para coñecela. Moi pronto se namorará dunha moza biológa terrícola. Pero as relacións con persoas doutro planeta están completamente prohibidas. A través das súas investigacións descubriremos algúns dos conceptos máis importantes da bioloxía... entre risas e suspiros.


«Onde temos o músculo máis grande do noso corpo?». Ziggy responde, para sorpresa da sociedade científica: «No traseiro», e resulta gañador. Non hai nada que lle poida facer máis feliz que visitar a Terra e poder gozar, en vivo e en directo, da súa amada música rock.

BIOGRAFÍA DEL AUTOR: JORDI OLLOQUEQUI
1285autorNacido en 1982, Jordi Olloquequi é doutor pola Universidade de Barcelona e profesor do departamento de Bioloxía Celular. Investigou durante máis de sete anos no campo da biomedicina e publicou en revistas de alcance internacional. A súa primeira novela responde á súa paixón por divulgar de forma atractiva o amor á bioloxía entre todos os lectores do universo coñecido. Actualmente compaxina o labor docente coa súa pertenza a dúas bandas de rock.


As actividades realizadas consistiron na lectura de partes científicas do texto.

Por último, lemos unha interesante entrevista que lle fixeron á autor no diario El País


No hay comentarios:

Publicar un comentario