O mércores, 29 de abril, os membros do Club de Lectura realizamos unha viaxe a Padrón e a Santiago para realizar o roteiro da poeta Rosalía de Castro.
Esta excursión forma parte dun traballo que empezou no curso pasado coa lectura do libro "Versos a Compostela" e do que saíu un recopilatorio de poemas que serían lidos nos lugares máis senlleiros de Santiago.
antes sa viaxe fixemos unha xuntanza xeral con todos os grupos do Club e repartimos o libriño onde ía un plano de Santiago e os lugares onde se lerían os poemas.
Fixemos unha primeira parada en Padrón na Casa-museo, onde coñecemos aspectos da súa vida. como o seu macemento, matrimonio, familia e a súa obra. Posteriormemte dirixímonos a Santiago, percorrendo lugares senlleiros da autora de Follas Novas, como a Catedral e os seus arredores, Pazo de Fonseca, museo do Pobo Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario