viernes, 27 de febrero de 2015

KAFKA E A BONECA VIAXEIRA de Jordi Sierra i Fabra

Primeria obra seleccionada e que contou cunha aceptable acollida. Gustou a historia pola emoción e o sentimento con que Frank Kafka consegue remediar ás penas dunha rapaza que perdera a súa boneca.

Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida.

                                                         

A novela de Sierra i Fabra relata, con moito amor, o último tramo da vida de Kafka e a súa experiencia cunha nena descoñecida á que tenta consolar.

Os comentarios dos membros do grupo destacaron a sensibilidade do escritor por atopar unha solución tan inxeniosa que lle servíu a el para tomar contacto coa realidade infantil.





Para entender un pouco sobre a vida de Kafka indagamos na Rede e atopamos este vídeo sinxelo que se pode ver no blog do Club de lectura.





Tamén atopamos as ilustración do libro a cargo de Minia Regos que nos axudou a entender a novela.

 E para rematar comentamos a obra visionando este trabalho feito por María García








No hay comentarios:

Publicar un comentario