sábado, 31 de octubre de 2015

Ollos de auga de DOMINGO VILLAR

Primeira lectura do grupo de 3º de PEMAR.


Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia


Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato dun músico na illa de Toralla.







A historia gustou moito como reflicten algunhas opinións feitas polo alumnado:


É a típica lectura que te atrapa e non podes parar de ler ata que a rematas. Ademais, a linguaxe é bastante sinxela. Este tipo de historias son as que máis me gustan porque adoro os libros de acción , de aí que sexa tan complicado atopar un deste tipo nas lecturas de galego, posto que a maioría tratan outros temas. Outro aspecto que me gustou é que a historia transcorre na cidade de Vigo. (José)


O título do libro fai referencia á cor dos ollos de Lois Reigosa, un saxofonista homosexual que aparece morto no seu espectacular apartamento. Algo que me gustou moito tamén foron a variedade de sitios descritos: Oficinas, mansións ao pé do mar, hospitais privados, bares ches de intelectuais, apartamentos en illas con vistas incribles ...(Carla)

  A miña opinión sobre este libro é boa, aínda que me esperaba algo máis sorprendente, xa que a profesosra, cando nolo presentou, falaba marabillas del. De todas formas, gustoume moito, a historia é desas intrigantes que fan que teñas que continuar lendo ata chegar a un final totalmente inesperado. (Irene)

AUDIO   por Adrián e Lisandra







Como actividade final, vimos unha curtametraxe feita por alumnos de IES Mendiño representando a novela de investigación policial "Ollos de Auga" de Domingo Villar cun final alternativo.


domingo, 25 de octubre de 2015

Farenheit 451 de RAY BRADBURY


Primeiro libro deste grupo, escollido entre unha terna de distopías: 1984  e Un mundo feliz.

Marabilloso libro que trata sobre unha sociedade distópica na que todo a cultura desapareceu, conservándose só aquelas formas que son meros entretementos, como a TV ou o cinema. 

Antón, componente do grupo opinaba así: "Estupenda lectura que nos amosa a ignorancia contra o inconformismo e tamén,  o futuro ao que o noso modelo social pode conducirnos".




Trala lectura e comentario propúxolles ao grupo que buscasen frases para comentar e estas foron algunhas das seleccionadas:

"Un libro é unha arma cargada na casa do lado. Quen sabe cal pode ser o obxectivo do home que leu moito?"

"Ten que haber algo nos libros, cousas que non podemos imaxinar para facer que unha muller permaneza nunha casa que arde. Aí ten que haber algo. Un non se sacrifica por nada".


"Non es como os demais. E vin a moitos, e coñézoos. Cando falo ti mírasme. Onte á noite, cando dixen algo acerca da lúa, ti miraches cara á lúa. Os demais nunca farían algo así. Os demais deixaríanme falando soa ou me ameazarían. Agora ninguén ten tempo para ninguén".

"Cando morre, todo o mundo debe deixar algo detrás, dicía o meu avó. Un fillo, un libro, un cadro, unha casa, unha parede levantada ou un par de zapatos. Ou un xardín plantado. Algo que a túa man tocará dun modo especial, de modo que a túa alma teña algún sitio onde ir cando ti morras, e cando a xente mire esa árbore, ou esa flor, que ti plantaches, ti estarás alí."