Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia.
Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato dun músico na illa de Toralla.
A historia gustou moito como reflicten algunhas opinións feitas polo alumnado:
É a típica lectura que te atrapa e non podes parar de ler ata que a rematas. Ademais, a linguaxe é bastante
sinxela. Este tipo de historias son as que máis me gustan porque adoro os libros de acción ,
de aí que sexa tan complicado atopar un deste tipo nas lecturas de galego, posto que a
maioría tratan outros temas. Outro aspecto que me gustou é que a historia transcorre na
cidade de Vigo. (José)
O título do libro fai referencia á cor dos ollos de Lois Reigosa, un saxofonista homosexual que
aparece morto no seu espectacular apartamento. Algo que me gustou moito tamén foron a variedade de sitios descritos: Oficinas, mansións ao pé do mar, hospitais privados, bares ches de intelectuais,
apartamentos en illas con vistas incribles ...(Carla)
A miña opinión sobre este libro é boa, aínda que me esperaba algo máis sorprendente, xa que a profesosra, cando nolo presentou, falaba marabillas del. De todas formas, gustoume moito, a historia é desas intrigantes que fan que teñas que continuar lendo ata chegar a un final totalmente inesperado. (Irene)

AUDIO por Adrián e Lisandra
Como actividade final, vimos unha curtametraxe feita por alumnos de IES Mendiño representando a novela de investigación policial "Ollos de Auga" de Domingo Villar cun final alternativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario