miércoles, 2 de diciembre de 2015

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de ANNABEL PITCHER


Primeiro libro do grupo de 4º de ESO.

Antes de ler, tratamos de investigar sobre o atentado que sofreu a población de Londres e que foi a base temática na que se apoiou a autora para desenvolver a trama da novela.

Consultamos varias fontes das que salientamos estas dúas.





















Enlace á noticia













Enlace ó artículo en Wikipedia




Nunha segunda sesión comentáronse os feitos acontecidos nese día. Estableceurse un paralelismo cos atentados de Nova York e Madrid.

ARGUMENTO:

A miña irmá vive sobre a repisa da cheminea é o desolador retrato dunha familia que se descompón pola pena e a dor ante un feito tan brutal como a perda dunha das súas fillas nun atentado terrorista. Narrada sempre desde o punto de vista de James, trátase dunha historia profundamente conmovedora sobre a toma de conciencia dun neno sobre unha realidade adulta moitas veces desgarradora. A voz de James conmove pola súa inocencia, pero tamén pola súa mirada intelixente e observadora, polo seu acertado criterio de análise e as doses de tenrura, amor e amizade que atopa en Jasmine ou en Sunya. A relación fraternal con Jas é un dos mellores puntais da historia, ese salvador sentimento de irmán menor que ve á súa irmá como alguén forte e perfecto, alguén infalible que sempre está aí para lembrar os seus aniversarios, comprarlle desodorizante, asistir aos seus partidos de futbol ou ver a súa película preferida en nadal. Son Jas e Jamie quen protagoniza os diálogos e as escenas máis emocionalmente contundentes da trama.




OPINIÓNS:

Gustoume moito este libro, e unha das cousas que máis valorei é o protagonista, Jamie, e como a autora consegue facer un personaxe tan real e tan crible. A relación de Jamie con Jasmine e Sunya é preciosa tamén. (Fiz)

É unha historia que atrapa e mantente moi enganchada.(Andrea)

Sorprende como pon a voz do narrador nun neno de 9 anos, e a maneira tan bonita e con tanta tenrura.(Silvia)

Unha historia triste, pero moi bonita. (Sasha)

No hay comentarios:

Publicar un comentario