Como vén sendo habitual, todos os anos facemos un roteiro centrado nunha figura senlleira da cultura e das letras galegas. e tocoulle o turno a Eduardo Blanco Amor.
Dúas foron as obras sobre as que traballamos: Os biosbardos e A esmorga. A primeira foi obxecto de estudo nos clubs de 1º, 2º e 3º de Narrativa, 3º de PEMAR e 4º de Diversificación. A esmorga centrouse en 1º de Bacharelato.
Despois de varias sesións durante os recreos sobre as obras, preparamos esta saída a Ourense na que contamos coa colaboración da Concellería de Cultura e Educación do Concello de Ourense, facilitándonos un guía que nos foi presentando os diversos espazos nos que se desenvolveron as andanzas do Castizo, o Bocas e o Mihomes.
Durante o percorrido visitamos a catedral onde puidemos as caracteristicas do románico tardío e a influencia do Maestro Mateo no Pórtico do Paraíso. Posteriormente presenciamos o Belén do escultor Arturo Baltar e que nos mostra xentes, edificios e lugares recreados nas vivencias do autor. Relacionado con A esmorga e coa amizade con Blanco Amor, Arturo Baltar reflexa no Nacemento a taberna que aparece na obra.
Aproveitando dúas exposicións que había no Museo Municipal, o alumnado puido desenvolver a súa percepción e agudeza artística tratando de comprender a visión do escultor Antonio Souto, que nos amosa un universo abstracto de espazos e volumes coa figura humana como protagonista. A singularidade deste arquitecto reconvertido foi o emprego de materiais como tubos metálicos de diverso tipo. Así mesmo puidemos presenciar unha mostra de xoves valores na exposicón Cromática IV, participando nunha votación para seleccionar o cadro máis valorado da mostra.
E por último, como ben dicía Cristian (membro do club), "para ter un momento de relax" mergullámonos nas termas públicas de A Chavasqueira, dando por finalizado o roteiro.
Este vídeo é unha pequena mostra do que aconteceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario