As veces as ideas xorden sen querer, sen buscalas. O destino pon nas nosas mans unha imaxe, un vídeo, un libro e... nace a ilusión.
Veu á biblioteca como un agasallo e despois de lelo empezou a matinar a idea de amosar o contido nunha obra de teatro. Dende a biblioteca puxémonos mans a obra e logramos adaptar un guión coa idea de representalo o día 24 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, diante do noso alumnado.
E así comezou esta andaina. Propuxemos a idea entre os diversos clubs de lectura e logramos buscar sete intérpretes para os diversos personaxes.
Traballamos arreo, en horas libres, en horas de clase prestadas, en ensaios vespertinos aos que desinteresadamente acudían os alumnos.
A posta en escena foi tamén peculiar. Coa colaboración da Dirección do centro constrúese un escenario para facer un teatro de sombras e realizar unha representación na que só se viran as sombras dos actores.
A idea gustou entre o elenco e tras moitos ensaios puidemos facer realidade o noso soño.
E chegou maio e con el o "Ben Veñas, Maio" e participamos na sección de teatro.
Houbo que traducir a obra ó galego contando coa inestimable axuda do departamento de Lingua Galega.
E así foi como demos remate a esta andaina cunha representación no Teatro Principal o día 4 de maio diante dos compañeiros do instituto.
Consultar resto da entrevista de "La Voz de Galicia"
No hay comentarios:
Publicar un comentario