sábado, 27 de mayo de 2017

La historia del señor Sommer, de PATRICK SÜSKIND

Derradeira lectura e que nos amosa un conto en apariencia infantil e naïf, pero que a medida que se foi lendo móstranos un nó con variados puntos de vista.

 A historia do señor Sommer conta a vida dun neno de pobo que ten un estraño veciño, do que ninguén sabe o seu nome, polo que lle puxeron señor Sommer.

Un estraño viandante capaz de facer, pois iso, andar, andar e andar ata que parece que xa non pode máis, e despois, continuar andando. Así pasan os seus días.





 A continuación presentamos un audio onde os compoñentes do club opinan sobre o relato.





miércoles, 3 de mayo de 2017

Visita ás FRAGAS DO EUME

E chegou o momento máis entretido e desexado: a viaxe ás Fragas do Eume. un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.

Esta viaxe celebrouse para complementar á lectura dos relatos de Ánxel Fole Á luz do candil.

Como se pode observar no vídeo, iniciamos o roteiro pola Fraga, acompañados por dous guías do parque que nos foron amosando as diversas especies de árbores, fentos e liquens. 

Agochado, na metade do percorrido, atopámonos co mosteiro de Caaveiro, onde o noso querido profesor Jorge Potel nos levou pola época máxica da Galicia monacal na Idade Media. 

Antes do xantar achegámonos ó castelo dos Andrade, fortaleza que data do sécuo XIV, mandada derrubar polos Reis Católicos e restaurada no XIX e pertencente á Casa de Alba.

Pola tarde disfrutamos dun paseo pola vila de Pontedeume, visitando o Torreón dos Andrade e a praza do Concello.

Como remate fomos coñecer na vila de Betanzos o Parque do Pasatempo, orixinal lugar de divertimento construído inicialmente en 1893 a instancias do benfeitor e emigrante betanceiro na Arxentina Juan García Naveira.