miércoles, 3 de mayo de 2017

Visita ás FRAGAS DO EUME

E chegou o momento máis entretido e desexado: a viaxe ás Fragas do Eume. un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.

Esta viaxe celebrouse para complementar á lectura dos relatos de Ánxel Fole Á luz do candil.

Como se pode observar no vídeo, iniciamos o roteiro pola Fraga, acompañados por dous guías do parque que nos foron amosando as diversas especies de árbores, fentos e liquens. 

Agochado, na metade do percorrido, atopámonos co mosteiro de Caaveiro, onde o noso querido profesor Jorge Potel nos levou pola época máxica da Galicia monacal na Idade Media. 

Antes do xantar achegámonos ó castelo dos Andrade, fortaleza que data do sécuo XIV, mandada derrubar polos Reis Católicos e restaurada no XIX e pertencente á Casa de Alba.

Pola tarde disfrutamos dun paseo pola vila de Pontedeume, visitando o Torreón dos Andrade e a praza do Concello.

Como remate fomos coñecer na vila de Betanzos o Parque do Pasatempo, orixinal lugar de divertimento construído inicialmente en 1893 a instancias do benfeitor e emigrante betanceiro na Arxentina Juan García Naveira.




No hay comentarios:

Publicar un comentario