As Fragas do Eume vai ser o destino da nosa saída cultural e Ánxel Fole e Á lus do candil, os nosos protagonistas. A través dos catorce contos con que conta o libro, Fole vainos levar ó mundo rural galego coas súas tradicións e medos, creencias e supersticións, empregando o galego suave do Caurel, xunto co misterio da noite na que só se aprecia a luz do candil.
Antes de realizala visita, léronse algúns dos contos. Un deles foi Os lobos, do que atopamos guías para a súa lectura e comprensión e a continuación. Por último, vimos esta versión cinematográfica.
Posteriormente realizamos a saída cultural polas Fragas do Eume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario