 Derradeira  lectura do Club
Derradeira  lectura do Club  
"2º de ESO de narrativa".
Imani
 é unha puntuada. Iso significa que todo o que fai e di é rexistrado, 
procesado e puntuado por Score Corp a través das cámaras que hai 
situadas por toda a cidade. E ter unha puntuación alta é indispensable: 
sen ela, ir á universidade e conseguir o traballo que desexas están 
completamente fóra do teu alcance... a menos que teñas diñeiro.
E
 para conseguir unha boa puntuación hai que coidar o que dis, como o dis
 e con quen che relacionas. Se o teu mellor amigo ten unha puntuación 
baixa,
iso afectará á túa tamén. E nesta situación atópase Imani. De 
noventa e tres pasou a unha puntuación de sesenta e catro por culpa do 
seu mellor amiga, Cady, e de súpeto atópase con que os seus soños de 
seguir estudando explótanlle na cara. Caer é moi fácil, pero subir é 
misión imposible. Que fará agora? 
 

Algunhas novas sobre a autora
Escritora, guionista e produtora cinematográfica, Lauren McLaughlin 
dedícase actualmente á literatura xuvenil, onde conseguiu un gran éxito 
grazas á súa serie "Cycler" e á novela "A puntuación".
Esta novela é unha distopía, e que nos fará reflexionar sobre situacións e comportamentos que ás 
veces nos parecen máis que normais pero ós que deberiamos dedicar algo 
máis que un pensamento e ante os cales deberiamos alzar a nosa voz máis 
rebelde. 
Na obra critícase a sociedade actual e trata de mostrar solucións ós 
cidadáns para acadar un nivel socio-económico que, nun principio, só 
estaría ó alcance das clases sociais máis poderosas. Sen embargo, os 
medios que propón convirten a esta sociedade en indesexable. 
 
Preme nesta imaxe para escoitar as opinións dos membros sobre o libro.