Imani é unha puntuada. Iso significa que todo o que fai e di é rexistrado, procesado e puntuado por Score Corp a través das cámaras que hai situadas por toda a cidade. E ter unha puntuación alta é indispensable: sen ela, ir á universidade e conseguir o traballo que desexas están completamente fóra do teu alcance... a menos que teñas diñeiro.
E para conseguir unha boa puntuación hai que coidar o que dis, como o dis e con quen che relacionas. Se o teu mellor amigo ten unha puntuación baixa,
iso afectará á túa tamén. E nesta situación atópase Imani. De noventa e tres pasou a unha puntuación de sesenta e catro por culpa do seu mellor amiga, Cady, e de súpeto atópase con que os seus soños de seguir estudando explótanlle na cara. Caer é moi fácil, pero subir é misión imposible. Que fará agora?
Algunhas novas sobre a autora
Escritora, guionista e produtora cinematográfica, Lauren McLaughlin dedícase actualmente á literatura xuvenil, onde conseguiu un gran éxito grazas á súa serie "Cycler" e á novela "A puntuación".
Esta novela é unha distopía, e que nos fará reflexionar sobre situacións e comportamentos que ás veces nos parecen máis que normais pero ós que deberiamos dedicar algo máis que un pensamento e ante os cales deberiamos alzar a nosa voz máis rebelde.
Na obra critícase a sociedade actual e trata de mostrar solucións ós cidadáns para acadar un nivel socio-económico que, nun principio, só estaría ó alcance das clases sociais máis poderosas. Sen embargo, os medios que propón convirten a esta sociedade en indesexable.
Preme nesta imaxe para escoitar as opinións dos membros sobre o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario