lunes, 22 de enero de 2018

Nada de JEAN TELLER


Segunda lectura do Club e que xa fora lida hai dos cursos. Novela na que a autora escribe unha historia sobre adolescentes para adolescentes que buscan respostas na súa iniciación na vida adulta.

Nada importa, nada ten importancia. 
Para que facer nada se nada ten interese

Pierre Antón deixa o colexio o día que descobre que a vida non ten sentido. Sóbese a unha ameixeira e declama a berros as razóns polas que nada importa na vida. Tanto desmoraliza aos seus compañeiros que deciden amorear obxectos esenciais para eles co fin de demostrarlle que hai cousas que dan sentido a quen somos. 

Na súa procura arriscarán parte de si mesmos e descubrirán que só ao perder algo se aprecia o seu valor. Pero logo, pode ser demasiado tarde.





A obra dá unha boa visión xeral de todo  que se apoia a sociedade na que estamos: relixión; sexo; a mentira (enganar os pais, por exemplo); crueldade entre nenos; relacións pais - fillos; mercantilización de todo; etc.

Antes de comenzar a lectura o grupo visionou un trailer protagonizado por Janne Teller, que aporta certas claves que lle levaron a escibir esta obra.





Ó finalizar a lectura, os membros do Club realizaron un debate sobre as decisións que tomaron os personaxes e trataron de vivenciar como sería se a elles lles tocase realizar as eleccións, e o máis destacado, que escollerían? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario