miércoles, 25 de abril de 2018

Os fillos do mar de PEDRO FEIJOO


Quinta   lectura do club de narrativa de bacharelato.


 Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico. A acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama presenta o atractivo historico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamen os seus selos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo aleman.



 En xeral gustou moito, amosando unha realidade próxima no espazo e que nos fixo reflectir sobre feitos históricos que marcaron, en gran medida, o discorrer do século pasado. Como actividades complementarias vimos unha entrevista a Pedro Feijoo que nos axudou a entender a xénese da novela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario