Da man de ”Nomenklaturas. Gestión Cultural”, empresa especializada en eventos, acordamos a realización dunha visita histórica (herdanza romana e a catedral románica) e literaria, baseada nas figuras de Ánxel Fole e Rosalía de Castro. Ámbos os dous teñen unha vinculación coa cidade de Lugo xa que ou ben pasaron a meirande parte da súa vida vinculados a ela, como é o caso de Fole, ou ben a tiveron como lugar de residencia durante un período de tempo, como é o caso de Rosalía.
De Fole seleccionáronse
Sobre Rosalía, a visita xirou a súa estancia na cidade e a redacción de artigos nos que supostamente criticaba á Igrexa e aos estudantes do Seminario ou cando en en 1866, publica un artigo chamado Las literatas. Carta a Eduarda, onde fala sobre os prexuízos sociais existentes cara as mulleres escritoras. O ensaio, de apariencia epistolar, foi supostamente atopado pola autora paseando un día polas aforas da cidade.
Elaboráronse varios dosieres tanto da ruta literaria como da visita ó Lugo histórico.