miércoles, 17 de abril de 2019

Encontro co debuxante LUIS DAVILA

Este ano tivemos o privilexio de contar con Luis Davila, debuxante, que veu á biblioteca para falarmos da súa profesión, das súas viñetas e dos seus personaxes máis característicos para celebrar o Día da Lingua Materna.



E falounos de como chegou a este oficio de contar a realidade e a actualidade a través de tiras cómicas, que inspira as súas creacións, como ten que poñer o maxín a funcionar para poder enviar unha viñeta diaria ao xornal para o que traballa desde fai vinte anos, o Faro de Vigo. Destacou a sorte de dedicarse ao que a un lle gusta e que hai que pelexar para conseguilo.


E mentres nos contaba cousas, foi debuxando unha viñeta dedicada aos alumnos do IES A Xunqueira II. Para rematar, mostrámoslle a aula de Debuxo do centro, que desde ese día ten nome: Luis Davila.



Os membros do club de cómic leron algunhas das súas obras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario